Seguimos coas flores (As plantas, 1ºESO). Desta volta quixen ver como funcionaba gemini nanobanana creando debuxos. Primeiro modifiquei o prompt da mosca que nos deixara David, pero despois despisteime e non sei moi ben que fixen: o caso é que acabei dando as instrucións dende cero para que me creara un debuxo dunha flor no que apareceran sinaladas tódalas partes e que ademais aparecera unha abella. Fun afinando o que quería, con diversas instrucións, cada vez máis detalladas, ata que me deu unha que xa me gustaba (a pesar de que non me fixo caso con algún cambio que lle pedín). Unha vez feito, pedinlle que fixera o mesmo pero cunha foto dunha flor que saquei na porta da miña casa. E fíxoo!!! Pero non atinou coa colocación das partes (lóxico, porque era outro tipo de flor) e deformou a infografía. Non podo recuperar a conversa porque lle dixera que non quería gardar toda a info, que me bastaba so con 72 horas. Así que non podo presentala, pero si teño algunhas das imaxes. Se non é dabondo, repito todo.