Presentación da titora Alicia Pérez

Presentación da titora Alicia Pérez

por ALICIA PÉREZ RODRÍGUEZ -
Número de respostas: 0

Boas a todas e todos! O meu nome é Alicia, son profesora de Tecnoloxía no IES María Soliño de Cangas.  Neste curso vou ser a vosa titora en varios módulos que vos indico a continuación, espero que lle saquedes proveito ao material do curso:

1.- Propiedade intelectual e protección de datos. Bancos de recursos audiovisuais.

2.- Uso didáctico do podcast. Aplicacións e ferramentas de Moodle para a grabación de son.

3.- As imaxes na aula virtual: selección, pautas estéticas e edición básica.

4.- Orientacións para a creación de vídeos educativos. O vídeo na aula virtual: edición básica e creación de vídeos didácticos con ferramentas externas ou integradas en Moodle (grabación de pantalla, vídeos interactivos e outros).

No módulo de "Enriquecemento das videoconferencias. Aplicacións que fomenten a interactividade", a vosa relatora é Peregrina Pintos Testa, coa que tendes a primeira videoconferencia este xoves día 3 de febreiro.

Lembrade que as tarefas que tendes que facer, as ides a realizar nunha aula virtual vosa, e logo teredes que enviar as capturas de pantalla que se indican.

Para calquera dúbida podedes utilizar o foro de cada apartado, ou tamén podedes enviarme unha mesaxe por privado mediante a mensaxería de Moodle, aínda que é máis convinte utilizar os foros, xa que pode que moitas das dúbidas que vos xurdan, serán as mesmas para varios de vós, e así poden ser compartidas.

Un saúdo a todos e todas e moito ánimo!

Alicia