Comezo do curso V2101144 e acceso á aula virtual

Comezo do curso V2101144 e acceso á aula virtual

por Ángeles Nieto González -
Número de respostas: 0

Benvido/a ao curso “V2101144 Enriquecemento audiovisual para a aula virtual".

Respecto ao curso é importante que teñas en conta varios aspectos:

  • Se rematas o curso correctamente terás un recoñecemento de 20 horas de formación.

  • Data de inicio: martes 1 de FEBREIRO.

  • Data de finalización: venres 4 de MARZO.

  • O curso é ONLINE e empregarase como plataforma a Aula virtual do CFR de Vigo.

    • Haberá 4 VIDEOCONFERENCIAS, unha cada semana. A asistencia ás videoconferencias é obrigatoria. 

    • Están proposta unha serie de pequenas TAREFAS que deberán ser entregadas antes do día 4 de marzo. 

 

  • ACCESO:

    • Se xa tiñas usuario na aula virtual do CFR de Vigo, accede co teu usuario e contrasinal habituais.
      • Se non lembras o contrasinal podes recuperalo seguindo as instrucións deste VÍDEO.
    • Se non tiñas conta nesta aula virtual, foiche creada unha conta. O nome de usuario é o teu correo corporativo ata a @ (p.e. Se a túa dirección é NomeApelido@edu.xunta.gal o teu usuario será "NomeApelido"). O contrasinal para acceder a primeira vez é “cambiame”. 

Se tes calquera problema para acceder ponte en contacto comigo o antes posible, por favor. O meu correo é "cfr.vigo.tic3@edu.xuntal.gal".