Saúdos!
Despois do aprendido co manexo do programa Audacity, intentei levar a cabo unha experiencia co meu alumnado de 6º de Ed. Primaria e os seus equipos de Edixgal.
A miña sorpresa é que en varios dos ordenadores, que xa traen instalado por defecto este programa, observo que aparecen problemas para facer as gravacións. En concreto, a configuración do nivel de gravación nalgúns equipos é óptimo e noutros o nivel é moi baixo ou demasiado alto (facendo unhas gravacións de pésima calidade).
A opción do panel que permite subir ou baixar ese nivel de recollida do nivel de gravación non se pode mover.
Algunha idea para solucionar o problema? Moitas grazas!!!
PD. Coa ferramenta de "ganancia" da pista en gravación tampouco se consegue moita mellora.


