Boas a todas e todos! O meu nome é Alicia, son profesora de Tecnoloxía no IES María Soliño de Cangas. Neste curso vou ser a vosa titora.
Espero que lle saquedes proveito ao material do curso. Está dividido en varios módulos:
1.- Propiedade intelectual e protección de datos. Bancos de recursos audiovisuais.
2.- Uso didáctico do podcast. Aplicacións e ferramentas de Moodle para a grabación de son.
3.- As imaxes na aula virtual: selección, pautas estéticas e edición básica.
4.- Orientacións para a creación de vídeos educativos. O vídeo na aula virtual: edición básica e creación de vídeos didácticos con ferramentas externas ou integradas en Moodle (grabación de pantalla, vídeos interactivos e outros).
5.- Enriquecemento das videoconferencias. Aplicacións que fomenten a interactividade.
Lembrade que as tarefas que tendes que facer, as ides a realizar nunha aula virtual vosa, e logo teredes que enviar as capturas de pantalla que se indican.
Para calquera dúbida podedes utilizar o foro de cada apartado, ou tamén podedes enviarme unha mesaxe por privado mediante a mensaxería de Moodle, aínda que é máis convinte utilizar os foros, xa que pode que moitas das dúbidas que vos xurdan, serán as mesmas para varios de vós, e así poden ser compartidas.
Un saúdo a todos e todas e moito ánimo!
Alicia