Ola a todas e todos,
Benvidas e benvidos ao curso “V2001395 Deseño e realización de vídeos didácticos”.
Este curso que comeza hoxe, mércores 12 de maio, realizarase en formato online a través da Aula Virtual do CFR de Vigo e prolongarase ata o 13 de xuño.
Son Emma Janeiro, asesora do CFR de Vigo e persoa asesora encargada deste curso, polo que estou á vosa disposición para calquera cousa que precisedes.
Non esquezades ler a guía do curso onde atoparedes os contidos do curso, o calendario de videoclases e as tarefas a desenvolver.
As datas, horarios e ligazóns das videoconferencias están tamén dispoñibles na sección "Conéctate á videoclase".
Lembrade que hoxe teremos a primeira videconferencia con Lorena Casal e Gaspar Broullón, ás 17:00 h e que a asistencia ás videoconferencias é obrigatoria para obter a certificación.
Para acceder ao curso na aula virtual debedes premer nesta ligazón e entrar co voso usuario e contrasinal:
- se xa tiñades conta na AV do CFR de Vigo, accedede coas vosas credenciais habituais.
- se non tiñades conta na AV do CFR de Vigo, o voso usuario é o nome do correo corporativo (o que vai ANTES da @) e o contrasinal é "cambiame", que deberedes cambiar a primeira vez que entredes.
Lembrade que, xa tedes acceso á aula virtual e aos materiais, e tamén teremos a primeira sesión de videoconferencia a partir das 17:00 h.
Para calquera dúbida poñédevos en contacto comigo a través do correo electrónico emmajaneiro@edu.xunta.gal
Saúdos e moito ánimo.
Emma Janeiro