Ola, a principio de curso comenzo mandando un traballo de investigación en grupo dun tema de actualidade tecnolóxica. Nos cursos anteriores foran os biocombustibles e neste os coches eléctricos. O traballo desenvolveuse así:
i) formar os grupos e explicar as ferramentas de traballo cooperativo online (google docs, básicamente)
ii) introducir o tema cun debate de coñecementos previos e un vídeo (neste caso foi o programa de EL ESCARABAJO VERDE, EMISIÓN CERO)
iii) realización do traballo coas preguntas propostas (ver documento adxunto) e aporte de información complementaria (no blog do dpto. enlazouse o documental de WHO KILLED THE ELECTRIC CAR?)
iv) exposición do traballo e avaliación
v) neste cursos houbo unha tarefa posterior que foi realizar distintas enquisas (gravadas en vídeo) pola rúa onde se preguntaba pola opinión e coñecementos sobre o coche eléctrico.