INSTRUCIÓNS INICIAIS

INSTRUCIÓNS INICIAIS

por Manuel Ángel Núñez Campos -
Número de respostas: 0

Estimada/o compañeira/o:

 

Benvido/a á actividade de formación “Introdución ao EVA E-Dixgal” no que estás matriculado/a.

Respecto ao curso é importante que teñas en conta:

  • A duración será de 12 horas

  • Data prevista de finalización: 15 de Outubro

  • O voso relator/a éTANIA LARIÑO GARCÍA, quen aclarará asuntos como metodoloxía de traballo, desenvolvemento da formación, etc.

  • Empregarase como plataforma a Aula Virtual do CFR de Vigo. O teu curso é o que ten o código V2002145e será onde se entreguen as evidencias. Podes acceder a el a través do seguinte enlace.

  • Cada participante realizará as prácticas no seu EVA e presentará as evidencias (capturas de pantalla) das tarefas propostas no seu curso da Aula Virtual do CFR de Vigo.

  • ACCESO:

Para acceder á aula virtual do teu curso foiche creada unha conta. O nome de usuario é o mesmo que o do teu correo corporativo completo, é dicir, a dirección de correo con “@edu.xunta.gal”. E o contrasinal será: cambiame

Exemplo:

  • Usuario: xxxxxx@edu.xunta.gal

  • Contrasinal: cambiame

  • Contidos:

1) Uso básico e manexo da Plataforma EVA E-Dixgal (cursos, cargar contidos editoriais, introdución de recursos e actividades e copias de seguranza).

2) Sesión de videoconferencia cos asesores Abalar para presentar a plataforma, dúbidas co acceso e novidades da nova apariencia da mesma (Comunicarase a data concreta a través do foro de novas).

  • A guía con instrucións básicas sobre o curso e o peso das tarefas a realizar para a certificación do curso, está aloxada no teu curso da Aula Virtual.

Sen máis, despídome quedando á vosa disposición e desexándovos un óptimo aproveitamento da formación. Un saúdo.

 

Asinado: Manuel Ángel Núñez Campos. (Asesoría do CFR).