Insertar e mover Patrón sobre camiseta feita con figuras!

Insertar e mover Patrón sobre camiseta feita con figuras!

por María Jesús Espiño -
Número de respostas: 2

Boas!

Eu fago o deseño do patrón, e mediante o diálogo da cor incorporoo na camiseta que previamente fixen con figuras.

Pero, como podo mover ese patrón pola camiseta?

É dicir, se eu quero que quede por exemplo no centro da camiseta un debuxo exacto do patrón que eu fixen.

Gracias!

En resposta a María Jesús Espiño

Re: Insertar e mover Patrón sobre camiseta feita con figuras!

por Iria Iglesias -

Ola!

Cando seleccionas o obxecto que ten o patrón (neste caso a camiseta) coa ferramenta editor de nodos aparecen uns manipuladores (un X (para mover), un círculo(para xirar) e un cadrado(para dimensionar)) normalmente na esquina documento, hai veces, cando o patrón é moi grande, que tedes que reducir moito coa lupa para atopalos no medio do documento.

Envíote un un vídeo co teu caso específico.

Un saúdo!

Iria

En resposta a María Jesús Espiño

Re: Insertar e mover Patrón sobre camiseta feita con figuras!

por María Jesús Espiño -

Moitas grazas pola explicación, o vídeo está moi claro.

O do patrón dentro do outro patrón, penso que me saíu así porque como non sabía reducilo fixen unha copia do patrón orixinal, que fixera primeiro, e reducina antes de pasar a patrón a ver se así me saía máis pequena na camiseta.

Pero vou a facer outro para repetir a entrega.

Graciñas, un saúdo!

M.