Xiro visual da folla de traballo

Xiro visual da folla de traballo

por Francisco Javier Del Río -
Número de respostas: 4

Boas.

Non sei se é polo meu S.O. (Ubuntu 18.04.04 LTS) ou é que teño desactivado a opción da barra de procesos na parte inferior dereita:

Onde se pode ver que non aparece a opción de poder xirar a folla. Cousa que non pasa no video tutorial:

https://centros.edu.xunta.gal/cfrvigo/aulavirtual/pluginfile.php/30100/mod_forum/post/2616/1.jpg

Aquí aparecen os grados para poder xirar.

https://centros.edu.xunta.gal/cfrvigo/aulavirtual/pluginfile.php/30100/mod_forum/post/2616/2.jpg

Alguén sabe como activar esa opción para poder xirar a folla?


Saúdos

En resposta a Francisco Javier Del Río

Re: Xiro visual da folla de traballo

por Iria Iglesias -

Ola!

Dendo da pestana "archivo" entra en propiedades do documento (sairá unha fiestra emerxente) e selecciona o formato horizontal.

Un saúdo,

Iria

En resposta a Iria Iglesias

Re: Xiro visual da folla de traballo

por Francisco Javier Del Río -

Boas.

Creo que me entendiches mal: non me refiro a orientación da folla (vertical ou horizontal. Iso seino facer).


Refirome o exemplo que fixeras na clase presencial e que tamen aparece no primeiro video tutorial. Cando xirabas a folla en tempo real pero iso non queria dicir que o texto se xirase. Era visual. Na versión 0.92 de Inkscape non me aparece esa opción na parte inferior dereita o lado da X, Y, Z.


Saúdos

En resposta a Francisco Javier Del Río

Re: Xiro visual da folla de traballo

por Iria Iglesias -

Ola!

Desculpa, sí que non entendín ben a túa dúbida, creo que sí que é unha cuestión da versión inkscape. 

Esto mesmo podes facelo con ctrl+mayusc+roda do rato, dígoche o atallo pero penso que ao ser a versión anterior tampouco vai funcionar...

En ver>orientación do lienzo tamén podes cambialo, pero só a modo espello, non ofrece a posibilidade de facelo cos graos.

Agardo ter aclarado a túa dúbida.

Saúdos!

Iria