Bo día a todos e todas,
Benvidos ao curso V2001001 Aplicacións Web 2.0 na aula no que fóstedes admitidos e que comeza o luns 29 de xuño ás 9.30.
Esta é a aula virtual na que estades inscritos e onde tedes os materiais sobre o curso e será onde entreguedes as 3 tarefas que hai que facer no curso.
CREDENCIAIS DE ACCESO:
Para acceder á aula virtual debes acceder co teu usuario de edu.xunta.gal, e o contrasinal é o teu DNI coa letra en maiúscula
Por exemplo, si o meu usuario da Xunta é cristinapb@edu.xunta.gal e o meu DNI 123454678G, introduciría as seguintes credenciais:
Usuario: cristinapb
Contrasinal: 12345678G
Lembra revisar o calendario e as condicións de certificación do curso.
Todos debistes recibir un correo do relator co acceso á sala de Webex onde se iniciará a primeira sesión do curso o luns 29 de xuño ás 9.30 da mañá. Por si acaso, o enlace de acceso é o seguinte:
Debedes acceder co voso nome e apelidos e co contrasinal edu.xunta.gal, xa que será a través del do que se controlará e rexistrará a asistencia ao curso.
Un saúdo cordial,