• Coordinación no centro

    ? Do 1 de abril de 2024 ao 30 de maio de 2024

    12h non presenciais

    Logotipo Polos Creativos

    Coa experiencia adquirida nos obradoiros xa estarás en disposición de coordinar os proxectos de Polos Creativos que cómpre desenvolver no teu centro educativo. Esta parte da formación é non presencial, pero será preciso evidenciar o traballo feito no centro. Acouga, será moi sinxelo! Non será precisa unha memoria, abondará con facer unha entrega a modo de diario de aprendizaxe en formato audiovisual: un vídeo, unha presentación, un blog... Aquí tes toda a información e todos os recursos que precisas.