Section outline

    • Asistentes conversacionais:

    • Práctica do uso dos asistentes conversacionais:

      • IA de OpenAI: ChatGPT
        • Subirlle un texto escrito a man e pedirlle
          • que o transcriba
          • que faga unha infografia
          • que o poña todo en galego
          • que o pase a un documento tipo Word formateado e listo para usar
          • que o pase a unha linguaxe mais formal, por exemplo, para poñelo na programación.
        • (Opción Estudiar y Aprender) Pedirlle que nos explique a literatura da posguerra (1936-1975). Contexto historico, para 4º da ESO en Lengua Castellana y Literatura
        • (Opción "Búsqueda en Internet") útil cuando necesitamos datos muy concretos, actuales y específicos. Se parece a una búsqueda en Google pero explicada. Ejemplo: Dame los datos oficiales de víctimas de la Guerra Civil Española según historiadores actuales.
        • (Opción "Investigación en profundidad") 
        • Crear un boletín de problemas de matemáticas para repasar as ecuacións de 2º grao para 2º ESO
        • Crear infografía para explicar un documento .pdf descargado previamente de Internet (por exemplo, en Xeografía e Historia de 3º ESO o sector secundario, a Revolución Francesa ou a Primeira Guerra Mundial)
      • IA de Google: Gemini
        • Pedirlle que nos explique en qué consiste o Teorema de Thales, Xeometría de 4º ESO, con exemplos visuais.
        • pedirlle 5 palabras clave relacionadas con "Tipos de textos", serán definicións adaptadas ao alumnado de  1º ESO de Lengua Castellana
        • Analizar imaxes para crear actividades: subímos unha imaxe e que a describa xerando 5 preguntas de comprensión para alumnado de 2º ESO de Historia
      • IA de Microsoft: Copilot
        • (descargar un conto/libro de Internet) e pedirlle que nos faga unha ficha de comprensión lectora, ou un boletín con preguntas
        • Pedirlle unha pequena redacción sobre un tema concreto e que nola traduza ao inglés e logo que nola lea. Interactuar coa IA  noutro idioma
      • IA de anthropic: Claude (é excelente en razoamento, e revisión de textos longos)
        • Pedirlle a elaboración completa dun proxecto para facer en 3º ESO en Tecnoloxía para desenvolver con Arduino.
        • Necesitamos unha explicación clara e varios exemplos para Estadística e Probabilidade de 4º da ESO  para o tema de "MEdia, mediana, moda e varianza"
        • Subirlle unha normativa e pedirlle información dela, por exemplo un determinado protocolo
      • IA de X: Grok (destaca polo acceso a información recente, útil para actividades motivadoras)
        • Pedirlle que nos dé 5 noticias recentes sobre descubrimentos científicos para traballar co alumnado de 1º ESO
        • Pedirlle que nos cree un trivial de Saúde e o benestar para bioloxía de 3º ou 4º da ESO
        • Pedirlle que nos explique un concepto difícil con claridade, por exemplo, que é a aceleración cun exemplo sinxelo, coma se tivera 14 anos, ou, que nos dé 5 oracións para identificar o suxeito e predicado que imos ir practicando nós e logo queremos que nos diga se as fixemos ben ou non e recibir retroalimentación
    • Plataformas de busca e análise con IA:

      • A IA xerativa de texto que é software libre: DeepSeek
      • Un buscador que fai uso da IA: Perplexity
      • Creación de cadernos con IA de Google: NoteBookLM. Última actualización: 
        • Permite editar todas e cada unha das diapositivas que crea
          • Corrixe erros
          • Rescribe textos
          • Cambia imaxes
    • Práctica de plataformas de busca e análise con IA:

      • A IA xerativa de texto que é software libre: DeepSeek (destaca en razoamento detallado, adecuado para Matemáticas e Ciencias)
        • Pedirlle que nos explique como se resolve un determinado problema. Tamén unha nova versión máis sinxela para alumnado con dificultades de aprendizaxe
        • Pedirlle que explique que é unha fracción empregando 3 enfoques diferentes: un moi visual, outro con exemplos da vida cotiá e outro empregando comparacións e metáforas. Para alumnado de 1º ESO.
      • Un buscador que fai uso da IA: Perplexity (ofrece información constrastada con ligazóns, ideal para traballos de investigación)
        • O alumnado de 1º ESO quere facer un proxecto sobre animais en perigo de extinción en España e necesitan incluir as fontes de información
        • Necesitas unha liña do tempo sinxela sobre a Revolución Industrial en 2º ESO indicando 5 acontecementos chave, coas fontes de información consultadas. Logo pedirlle a infografía
        • Buscar un texto sobre un tema calqueira, que supostamente fixo un alumno, e pedirlle que sinale posibles erros e que nos dé suxestións de mellora mantendo o seu estilo (aquí nos devolvería correccións, explicacións e propostas para que o alumnado revie e mellore o seu texto)
    • Práctica para NotebookLM

      (descargamos de Internet un conto ou un tema de teoría calquera). Por exemplo, do libro de Stilton,

      • Crear o mapa conceptual, logo descargalo
      • Un informe, onde se centro no papel das persoaxes da historia, e a metáfora ou paradoxa da mesma
      • Configurar unhas tarxetas didácticas sobre o libro, para alumnado de 6º primaria e que se centren nos adxectivos. Con 10 é suficiente
      • Agora un cuestionario con 12 preguntas enfocado na importancia de coidar ás baleas e outros seres do océano, con preguntas sobre valores, ecoloxía e responsabilidade.
      • Un resumo de video breve, cun estilo acuarela e onde se fale dos valores presentes no libro: solidariedade, valentía e compromiso
      • Unha infografia, en vertical cun nivel de detalle conciso, para traballar as mensaxes principais do libro: coidado do planeta, solidariedade, traballo en equipo e responsabilidade persoal. Descargala.
      • Unha presentación con formato "Diapositivas do presentador", xa que imos usalas para explicarlle ao alumnado "as ameazas dos océanos: contaminación, plásticos, ruído mariño ou pesca ilegal". Descargala xa que imos usala na aula para a clase de mañán
      • Un podcast, formato debate para interactuar coa IA sobre o tema "Por que é importante protexer ás baleas, que función teñen no ecosistema, que ameazas sofren, que podemos facer nós".
      • Faille ti algunha pregunta directamente:  pedirlle unha ficha de traballo con actividades de comprensión e reflexión. Gardar o resultado que nos ofrece coma nota. Esa nota exportala a Google Docs para darlle un pouco de formato, facer algúns cambios e modificacións e usala na clase
      • Agora necesitas unha ficha tipo test con 10 preguntas de resposta curta, sen as solucións. Logo as exportas a Google Docs para editar a ficha e poder traballar na aula de 6º primaria.
      1. No curso da túa aula virtual debes subir:
        1. O podcast creado
        2. A infografía
        3. Un enlace para que o alumnado poida repasar cos artefactos creados
    • Plataforma de desenvolvemento e experimentación:

      • Google AI Studio:  permite crear, adaptar e transformar cotnidos educativos de forma rápida, organizada e personalizada, a partires de materiais propios, facendo unha aprendizaxe personalizada

      Práctica:
      • Vas pedirlle a Copilot que che dé un prompt para pedirlle a Google AI Studio un xogo tipo Kahoot, con 10 preguntas, sobre o tema do Sistema Solar que lle vas subir. É para repasar este tema o alumnado de 6º de primaria.
      • Ese prompt lévalo a Google AI Studio para que che cree o Kahoot correspondente, subíndolle o tema do Sistema solar
      Outro tipo de xogos que podería levar a cabo con Google AI Studio para implantar logo na miña aula podrían ser:
      • Escape rooms educativos
      • Xogos de rol ou misións por equipos (un xogo de detectives por exemplo)
      • xogos de preguntas e respostas rápidas
      • xogo de cartas educativas (para repasar vocabulario, definicións, emparellamento....)
      • Xogos de búsqueda do tesouro
      • xogos de creación de historias (para traballar a expresión escrita e a creatividade)
      • xogos matemáticos (retos de cálculo mental, problemas encadeados...)
      • xogos de expresión oral, debates...
      • xogos de investigación científica (que teñan que descubrir que animal deixou unhas pegadas, ou que planeta é segundo as pistas que se dan...)

      Podes buscar un tema en Internet, descargalo, pedirlle a unha IA conversacional que che dé o prompt para o xogo que queres facer (dalle todas as características do xogo) e logo copiar ese prompt en Google Ai Studio para xerar o recurso co que vas traballar na aula co teu alumnado

    • Práctica Google AIStudio

      • Crea un xogo interactivo, por exemplo, de memoria para unir termos en inglés coa súa correspondente palabra en castelán. Indica para que tipo de alumnado, as cores empregadas, que cando se acerte apareza algunha imaxe cunha mensaxe de ánimo, tamaño do xogo. Crea un prompt o mais detallado posible para que obteñas un xogo ben elaborado. (Para crear un bo prompt podes axudarte doutra IA)
      • Imos probar o xogo:
        • supoñendo que se vai mostrar en móbil
        • e se o xogáramos nunha tablet?
      • Agora imos compartilo:
        • Compartir app - publicas a app - copias a URL que che dá Google AIStudio
        • vas ao teu curso na túa aula virtual e engades un novo recurso de tipo URL e pegas o enlace que acabas de copiar
        • Cambia o teu rol a alumno e comproba se funciona
       
    • O proceso de avaliación con ferramentas IA: profesorado

      • Elaboración de rúbricas
      • Apoio na creación de boletíns de exercicios
      • Apoio na creación de exames
      • Redación de informes de avaliación
      • Análise de resultados e estatísticas
      • Creación de cuestionarios para implementar na Aula Virtual Moodle
    • Avaliación e retroalimentación dende o punto de vista do alumnado. Usar a IA para autoavaliarse, mellorar e recibir feedback máis útil.

      • O alumno sube un traballo  que fixo sobre un tema concreto e pídelle:
        • Dame os puntos débiles e indícame como mellorar
        • Indícame qué partes non están ben explicadas 
      • Agora súbelle a rúbrica dese traballo e
        • Pídelle que o  corrixa en base a esa rúbrica
        • Cómo pode mellorar, para obter mellor puntuación segundo a rúbrica
      • Súbelle un tema explicado en clase:
        • Que lle faga preguntas tipo test sobre ese tema, para reforzar
        • Pídelle que lle explique un determinado concepto coma se tivera 12 anos
        • Que lle dé un exemplo real sobre un concepto concreto
      • Preparación dunha exposición oral
        • Que lle xere posibles preguntas que lle podería facer o profesorado
        • Que lle faga un guión claro e breve do que ten que expoñer
        • Pedirlle unha introdución á súa exposición
        • Que lle analice o discurso que ten preparado
        • Que lle proporcione una metáfora para concluir a exposición
    • Plataformas para detectar plaxio e contido xerado por IA

      • Comprobación de documentos e textos, GPTZero --> Detecta plaxio e contido de IA de ChatGPT, Gemini, Claude, en textos ou documentos. Corrector gramatical. Ofrece unha extensión de Chrome para escribir comentarios, análise con IA e verificación de citas.
      • Comprobación de documentos e textos, Isgen.ai--> ofrece detección de plaxio e tamén análise de contido xerado por IA coma ChatGPT, Claude ou Gemini, en textos ou documentos. Soporta máis de 80 idiomas e permite escaneo masivo de documentos. Tamén dispón dun corrector gramatical, asi coma dun xerador de citas para referenciar unha URL, libro.
      • Detector de imaxes Isgen.ai--> detecta se unha imaxe foi xerada ou modificada por IA, identificando o modelo empregado coma GPT ou Adobe Firefly
      • Detector de imaxes Decopy.ai --> identifica imaxes falsas ou xeradas por IA.