Nesta unidade analizaremos a necesidade de encriptar mensaxes, contrasinais, documentos, etc.
Estudaranse distintos métodos de encriptación, tanto clásicos coma modernos.
Aprenderemos o funcionamento e as aplicacións dos sistemas de cifrado de clave simétrica e asimétrica para protexer a almacenaxe e a transmisión da información.
Estudaremos o funcionamento dunha infraestrutura PKI, dos certificados dixitais e do seu uso nas identidades dixitais.