Licenzas de uso
Actualmente a tecnoloxía multiplicou as posibilidades de difundir, reutilizar e compartir recursos con outras personas. Existen moitos materiais aos que accedemos a través das redes (textos, imaxes, documentos, vídeos, proxectos, infografías...) que poden resultar útiles no desenvolvemento da nosa labor docente ou que podemos incorporar aos recursos educativos que creamos. Pero, realmente podemos utilizar calquera material dispoñible na rede para as nosas clases?
Para responder temos que pensar nas seguintes cuestións:
- Que son os dereitos de autor e o copyright e en que medida afectan á miña labor docente?
- Que tipo de licenzas existen e cales son as máis recomendables para crear recursos educativos abertos?
- Son as licenzas abertas e, en concreto, as licenzas Creative Commons contrarias ao copyright?
- Onde podo atopar recursos libres de dereitos para incorporar aos materiais que creo para as miñas clases?
- Que debo ter en conta cando utilizo recursos alleos?
- Como podo facilitar que outros docentes accedan aos meus materiais e podan adaptalos ao seu contexto?
|
AVISO Os contidos aquí presentados non pretenden ser un instrumento legal, senón un material divulgativo sobre os dereitos de autor e as licenzas de uso. A interpretación da Lei para cada caso concreto é competencia dos xuíces e tribunais. |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0