Saltar navegación

Educar no uso de materiais

Pregunta clave

Podo utilizar calquera material que esté dispoñible en internet para as miñas clases? A resposta é NON. Que un material sexa accesible a través das redes non implica que non esté suxeito a dereitos de autor, que sexa libre nin que se poda copiar, redistribuir nin modificar. 

Como docentes, haberá ocasións nas que podamos utilizar materiais con dereitos de autor baixo unhas condicións concretas. Será máis fácil se ditos materiais teñen una licenza aberta, como Creative Commons, e moito máis fácil se son obras de Dominio Público. É importante ter en conta que o feito de que un material non indique nada respecto á súa licenza de uso non implica que sexa libre. Todo o contrario. No caso de que un material non indique a súa licenza, considérase que ten todos os dereitos reservados.

En calquera caso, é necesario coñecer que son os dereitos de autor, o Dominio Público e as licenzas abertas, así como as condicións baixo as que se poden utilizar para facer un bo uso dos materiais existentes e cumprir coa lexislación.