Saltar navegación

Onde atopar un REA

Repositorio Abalar

O Repositorio de Contidos dispoñible no espazoAbalar é unha plataforma de xestión, difusión e emprego dos contidos educativos dixitais, onde está dispoñible unha selección de recursos educativos de calidade e en múltiples idiomas, que está a ser actualizada de xeito continuo con novos contidos e funcionalidades.

Proxecto EDIA

Proyecto EDIA (Educativo, Dixital, Innovador e Aberto) é un proxecto desenvolto polo CeDeC, ofrece un banco de contidos educativos para Primaria, Secundaria, Bachillerato e Formación Profesional. Trátase de recursos educativos abertos, curricularmente referenciados e que ofrecen propostas innovadoras a través de dinámicas de transformación dixital e metodolóxica nos centros para mellorar o aprendizaxe do alumnado e promover novos modelos de centro educativo.

Procomún

Procomún é unha rede de recursos educativos abertos, onde poder buscar, visualizar e descargar obxectos de aprendizaxe en formatos estándar e con licenzas de uso abertas para ensinanzas previas á universidade.

Integra unha rede social como punto de encontro da comunidade educativa que facilita a interacción con outros usuarios, creando comunidades, compartindo, valorando e difundindo todo tipo de recursos educativos.