Saltar navegación

Crear ou reutilizar

Como podo crear un REA

Para crear un REA temos que ter en conta que despois queremos comprometernos a facilitar a súa distribución e modificación polo que temos que elexir unha ferramenta coa que podamos facelo. 

Hai moitas pero podemos recomendarche algunha:

Exelearning

Editor de recursos educativos interactivos gratuito e de código aberto.

Completo

Engade textos, imaxes, vídeos, actividades interactivas, vídeos interactivos,...

Compatible

Xenera páxinas web, SCORM ou ePub compatibles cos teus dispositivos.

Gratuito

Unha ferramenta gratuita e milleiros de Recursos Educativos Abertos.

Libre

De código abierto, con licencia GPL2+, e unha comunidade crecente.

Edilim

O sistema Lim é un entorno para a creación de materiais educativos en formato de Libro Interactivo Multimedia.

Características

  • Uso de HTML+javascript+css
  • Compatible cos principais navegadores, sistemas operativos e dispositivos.
  • Entorno aberto, basado no formato json.
  • Sen dependencias, non necesita bibliotecas ou frameworks externos
  • Modificable, os arquivos HTML e CSS poden ser modificados para ampliar as posibilidades e aspecto de LIM
  • EdiLIM é compatible cos recursos creados coas versións anteriores. Os recursos xa creados poden abrirse con EdiLIM e exportarse ao novo formato.

Ardora

Ardora é unha aplicación informática para docentes, que lles permite crear os seus propios contidos web, dun xeito moi sinxelo, sen ter coñecementos técnicos de deseño ou programación web.

Con Ardora pódense crear máis de 35 tipos distintos de actividades, encrucillados, sopas de letras, completar, paneis gráficos, simetrías, esquemas, etc; máis de 10 tipos distintos de páxinas multimedia: galerías, panorámicas ou zooms de imaxes, reprodutores mp3 ou mp4, etc; "páxinas para servidor", anotacións e álbum colectivo, liñas de tempo, póster, chat, sistema de comentarios e xestor de arquivos, pensadas fundamentalmente para o traballo colaborativo entre o alumnado, así como as utilidades que permiten presentar conxuntamente varios contidos como os paquetes de actividades, espazos web ou os escritorios virtuais.



Na lapela de Material de ampliación atoparedes manuais e titoriais destas ferramentas. Se vos animades podedes elaborar algún recurso con algunha delas e probar a subilo ao voso curso

E reutilizado?

Para reutilizar un recurso primeiro teremos que seleccionalo, decidir se o imos modificar ou o utilizaremos tal cal. Necesitaremos descargalo e integralo na nosa aula virtual. 

Se o recurso é un obxecto interactivo, o máis habitual é que se engada como paquete SCORM, IMS ou ficheiro web. Tedes máis información sobre como facelo no contido do curso Como engadimos recursos á aula virtual? 

CEDEC (CC BY-SA)