Saltar navegación

5.-GUÍAS DIDÁCTICAS

Folla de traballo

Título

Porta automática dun garaxe 

Materia Tecnoloxía Industrial 1
Nivel / curso 1ºBacharelato
Temporalización 9 sesións

Temporalización

Pasos Obxectivo principal Temporalización
Antes de comezar Estudo da placa Circuit Playground Express. 1 sesión (50')
Rompendo o xeo Realización de prácticas sinxelas para dar os primeiros pasos en programación. 1 sesión (50')
Misión 1: Programar Programación da secuencia de luces, sons e movementos do xiro do servo motor para o funcionamento da porta do garaxe. 2 sesións (100')
Misión 2: Deseño Deseño do garaxe: medidas, materiais e ferramentas a empregar. 1 sesión (50')
Misión 3: Construción-I Construción do garaxe deseñado no Taller de Tecnoloxía. 1 sesión (50')
Misión 4: Construción-II Incorporación do mecanismo de apertura da porta co servo motor. 1 sesión (50')
Reto final: Verificación Verificación e/ou mellora de posibles erros. 1 sesión (50')
Para rematar... Elaboración da memoria final do proxecto. 1 sesión (50')

Referencias curriculares

BLOQUE 1. Produtos tecnolóxicos: de deseño, produción e comercialización

  • TI1B.1.1: Deseña unha proposta dun novo produto tomando como base unha idea dada, explicando o obxectivo de cada etapa significativa necesaria para lanzar o produto ao mercado.

BLOQUE 2. Máquinas e sistemas

  • TI1B2.2.2: Calcula os parámetros básicos de funcionamento dun sistema mecánico e dun circuito eléctrico-electrónico, pneumático ou hidráulico, a partir dun esquema dado.

  • TI1B2.3.1: Verifica a evolución dos sinais en circuitos electrónicos, pneumáticos ou hidráulicos, debuxando as súas formas e os valores nos puntos característicos.

  • TI1B2.3.2: Interpreta e valora os resultados obtidos de circuitos eléctrico-electrónicos, pneumáticos ou hidráulicos.

  • TI1B2.4.1: Deseña, constrúe e programa un sistema automático ou robot cos actuadores e os sensores axeitados, para que o seu funcionamento solucione un problema determinado

BLOQUE 3. Materiais e procedementos de fabricación

  • TI1B3.2.1: Describe, apoiándose na información obtida en internet, materiais imprescindibles para a obtención de produtos tecnolóxicos relacionados coas tecnoloxías da información e da comunicación.

  • TI1B3.3.2: Identifica as máquinas e as ferramentas utilizadas no proceso de fabricación dun produto dado.

  • TI1B3.3.3: Describe as principais condicións de seguridade que se deben aplicar nun determinado ámbito de producción, desde o punto de vista tanto do espazo como da seguridade persoal.