Foro de novas, avisos e anuncios

Presentación

Presentación

por Manuel Abelleira Barros -
Número de respostas: 0

Bo día, con algo (ou bastante) atraso fago a miña presentación do presente curso que xa está en marcha e moi ben levado por Enrique.

A estas alturas do curso escolar e despois de tanta formación, estou seguro de que queredes rematar pronto este periplo formativo.

Eu espero que o esforzo teña valido a pena, este curso pon a guinda coas ferramentas de avaliación e con el remataremos a formación.

Quédanos esta recta final que remata por tanto o domingo 20 de xuño.

Coma sempre quedo a vosa disposición para o que precisedes.

Saúdos.