Ola a todos, para os que non puidechedes conectarvos para a sesión inaugural engado aquí un breve resumo explicativo:
En cada módulo tedes un foro específico no que poñer as vosas dúbidas, antes de preguntar, mirade se alguén xa preguntou o mesmo; se a vosa cuestión é moi específica usada a mensaxería interna da AV pero como seguro que ao final todos temos máis ou menos as mesmas dúbidas, o foro soe ser mellor opción; ademais, se fixera falta, quedamos para outra sesión a través do webex, só temos que buscar un momento libre.
Está composto por 3 módulos (que son 4 se contamos o de presentación) e por 8 tarefas, 5 obrigatorias e 3 voluntarias.
-
O Módulo 0 (de presentación) péchase o 1 de xuño (martes, é pouco tempo pero só é presentarse...)
-
O Módulo 1 (Principios pedagóxicos) péchase o 2 de xuño.
É un módulo de corte máis filosófico moi interesante para compartir e coñecer experiencias porque, no noso mundillo, somos demasiado independentes e non temos nin idea (en xeral) do que fan os compañeiros -
O Módulo 2 (Ferramentas de Avaliación) abrese ese mesmo 2de xuño é péchase o 9 de xuño. Tedes toda a información en videotitoriais breves sobre as distintas ferramentas, tipos de preguntas, tarefas, probas... e ademais tedes unhas miniguías dunha páxina (o que coloquialmente é unha "chuleta") para consultar en un momento calquer cousa.
-
O Módulo 3 (Ferramentas de Cualificación) péchase o 16 de xuño.
O libro de cualificacións (a libreta do profesor, a nosa folla de cálculo, o Idoceo... pero dentro da plataforma institucional) e o uso da ferramenta de coavaliación (Obradoiro) que algo moi interesante e que require algo de tempo de meditación pero que seguro que poderedes xa facer probas co voso alumnado neste mesmo curso. -
Días extra: 17 e 18 de xuño, se a alguén quedoulle algo pendente, pode facelo neses días.
Tendo en conta as datas nas que nos movemos, non pecharei as entregas, se algo quedou atrás e non queredes deixalo para eses últimos días do curso, poderedes entregalos igualmente, pode que non o corrixa dun día para o outro como o resto de tarefas pero así xa o sacades do medio.
O día 2 de xuño abrirase o módulo 2 e tamén o módulo 3 para que distribuades vós o tempo de traballo, as entregas pódense facer cando sexa co límite indicado antes, as datas son as recomendadas para que traballedes con calma, podedes facer todo o primeiro día pero é máis levadeiro facendoo "a poucos".
Este curso é para aprender e para facilitarnos o día a día, se tedes problemas, non desesperedes e poñedevos en contacto conmigo.
Un saúdo!
