Bo día Ana,
temos algunha opción que outra para un vídeo titorial sobre a propia pantalla de ordenador e con elementos para destacar visualmente o material. Estas opcións dependen un pouco do tipo de dispositivo que teñas (ordenador, tablet...) e o sistema operativo. Paso a propor algunha ferrmanta:
Camtasia. A máis usada, cunha versión gratuíta e outra de pago con máis funcións. Podemos editar o material directamente unha vez capturado, exportalo e facer vídeos interactivos. É bastante fácil de usar aínda que non ten unha versión en castelán.
Screencast-O-Matic. De balde e sen necesidade de descarga. Podes crear titoriais de vídeo sinxelos e soporta os tres formatos máis usados.
Webex. Outra opción sería facelo a traves de webex, teams (Microsoft) ou meet (Google). Ferramentas de comunicación que poden capturar a propia pantalla do PC e nos permiten o uso de ferrementas de marcación visual.
Explain Everything. En unha aplicación para dispositivo tipo iPad é todo terreo e permite elaborar video-titoriais con todo tipo de formatos e recursos.
Para aloxar os vídeos realizados pódese recurrir a unha conta de youtube privada ou oculta
Achego un artigo con mais opcións e ferramentas con estas funcións.
Unha apertiña, xa me dirás por cal te decides e afondamos no seu uso.