Section outline
Elaboración de material multimedia para actividade interactiva
Requisitos do completado

Pendente: domingo, 9 de maio de 2021, 11:50 PM
? Descrición
Coma vés observando neste mesmo curso, un xeito de potenciar moitísimo a túa aula virtual é incorporar material interactivo. A nosa proposta é que, seguindo a liña de traballo que desenvolviches nos módulos anteriores, crees un recurso interactivo propio que poidas empregar despois na túa práctica docente. Estas actividades interactivas baséanse en textos, vídeos, sons e audios, así que o primeiro paso será crear o material multimedia que precises. Xusto isto é o que se pide nesta tarefa.
?? Que teño que facer?
O obxectivo desta tarefa é que crees, cando menos, un arquivo multimedia que se axuste ao material interactivo que desexas desenvolver. Podes escoller o que che resulte máis acaído ás túas preferencias (imaxe, son e/ou vídeo) e ao teu nivel de manexo. Se es principiante, comeza por algo sinxelo; se tes experiencia ou algún coñecemento de partida, atrévete con algo máis xeitoso.
No seguinte módulo traballaremos con H5P, un engadido dispoñible en aulas virtuais para crear material interactivo. Para que poidas facerte unha mellor idea das posibilidades que se che abren, velaquí tes unha ligazón con exemplos da súa páxina oficial:
? Feito! Que teño que entregar?
Para
demostrar o que aprendiches neste módulo e que poidamos avaliar o teu traballo, solicitarémoste novamente a ligazón de acceso e o contrasinal de convidado ao curso que creaches na aula virtual do teu centro. Engade ao teu curso o material multimedia que tiveras creado coma arquivo(s) para que poidamos verificar o teu traballo.
Amais, para comprendermos ben o que estás a facer, pedirémoste unha breve xustificación do proceso creativo, onde has de incluir o seguinte:
- O propósito do material creado, indicando cal é o tipo de actividade que queres desenvolver (secuencia de imaxes, vídeo interativo, tarxetas de pronuncia...).
- As fontes e a estratexia de procura empregadas, onde describirás brevemente como e onde atopaches o material.
- O nome aplicativo empregado, unha explicación xeral do traballo feito con dito aplicativo e un pequeno comentario da túa experiencia de uso.
Para facer a entrega, preme nesta mesma tarefa o botón:
Na caixa de edición de textos exporás o devandito. Velaquí tes un exemplo:
Contrasinal para convidados: *******
Propósito
Teño pensado facer un xogo de memoria con arquivos de audio. O obxectivo é relacionar os números do 1 ao 10 en lingua inglesa e lingua galega/castelá a alumnado con TEA en 3º de Primaria. Por tanto, preciso gravar os arquivos de son e atopar tarxetas con simboloxía SAAC.
Fontes e estratexia de procura
No meu caso o audio foi de creación propia, así que apenas precisei buscar as imaxes. Para iso fixen unha procura na Internet e atopei a web ARASAAC, da que extraín as as imaxes de xeito directo.
Experiencia co aplicativo
A gravación fíxena co aplicativo de gravación de voz do teléfono móbil. De aí, paseinos ao ordenador, onde utilicei Audacity para mellorar a calidade do son eliminando o ruido de fondo e recurtando os silencios. Pareceume un programa moi completo, mais pouco intuitivo ao principio xa que nunca empregara un programa así. Malia todo, a experiencia foi boa e penso que lle podo tirar proveito no futuro. O texto estará limitado a un máximo de 600 palabras. O breve, se é bo, dúas veces bo. ?
✅ Qué se vai avaliar?
Tes
os indicadores de logro que imos a empregar como guía de corrección na
táboa que acompaña esta tarefa. Emprégaa como parte do proceso de
autoavaliación do teu traballo. O peso na cualificación final pódelo
consultar no apartado Cualificacións do curso