Bo día, esta semana remata esta formación a través da aula virtual.
A maioría de vos, por non dicir todos, tedes solicitados tres ou catro cursos; por esta razón estades neste grupo no que temos que ir "encadeando" unha formación tras outra sen tempos intermedios.
Comezamos co curso P2002192 de Ferramentas de colaboración, pasamos inmediatamente a este curso P2001126 de Enriquecemento audiovisual, o vindeiro luns comeza o curso P2001122 de Creación de contidos e cando remate aínda nos quedará o curso P2002198 de Ferramentas de avaliación.
Prégovos que sexades puntuais na entrega das tarefas necesarias para poder certificar, aínda que Xurxo vai ser algo flexible coas datas, o traballo acumúlase, e non poderemos esperar máis de uns poucos días para ter que pechar a formación e así poder certificar a moitos de vos que estades a solicitar con urxencia dita acreditación.
Lembrarvos tamén que debedes confirmar no FPROFE a asistencia ao seguinte curso así como inscribirvos na aula virtual antes do vindeiro luns...
Para calquera cousa, poñédevos en contacto comigo a través da aula virtual, do meu correo mabarros@edu.xunta.gal, ou de telegram @abelleira.
Saúdos!