Curso: P2001126 Enriquecemento audiovisual para a aula virtual, Section: Modulo 3: Da imaxe ao vídeo | AV CFR Pontevedra


  • 1 2 3 4 5
  • imane

    • comunicacion

    • informacion

    • Unha das principais carencias que atopamos nas mensaxes audiovisuais producidas no ámbito escolar é o pouco atractivo das imaxes amosadas, a pesar da grande riqueza visual de moitos dos traballos, situacións e escenarios de aprendizaxe.

      Independentemente de se a imaxe é estática ou en movemento; se é un deseño, unha fotografía, unha secuencia de vídeo; se se trata dunha composición de distintos elementos gráficos e textuais...; cómpre que o seu atractivo “enganche” ao espectador para que este non perda rapidamente a atención.

      Un dos nosos primeiros obxectivos como docentes será conseguir un mínimo grao de atención entre o noso alumnado, e que aquilo que queremos empregar como ferramenta non se nos volva en contra e xere o efecto contrario. 

      Unha das pretensións deste módulo do curso é que, facendo un pequeno repaso das claves da Fotografía, poidamos chegar a esas estratexias que nos permitan dar unha base de maior calidade ás nosas creacións.

    • Aquí atoparás información sobre o tema que estamos a tratar. Xa se trate de imaxes que captes co teu dispositivo (cámara, móbil, tablet...) ou que descargues de internet, procura ter en conta os conceptos propostos.

    • Cando tomas as fotos, ou as descargas de internet, sempre tes a posibilidade de melloralas e/ou optimizalas para a "saída" que lle queiras dar: un vídeo, unha impresión, publicación en Web, blog...

      Esta proposta faise co software libre Gimp, pero o importante son os conceptos e levalos ás aplicacións que empregues normalmente: apps para móbiles ou tablets e outros programas informáticos.

    • accion


    • Envía 5 fotos con distintos tipos de planos que puideras empregar nunha creación audiovisual para a túa aula. A temática debería de ser a mesma para todas elas.

      Neste caso se trata de que fagas ti as fotos empregando os recursos propostos no tema e a súa mellora no dispositivo que elixas.

      (O de descargar de internet vai na tarefa 3)

      Debes modificar o tamaño do arquivo para que as imaxes teñan 800px de ancho como máximo.

    • Envía 2 imaxes: a orixinal sen retocar nin cambiar a resolución e unha versión da mesma imaxe, na que fagas un axuste dos niveis, lle toques un pouco o contraste e a saturación e baixes a resolución a 800px de base pola altura resultante (esta variará en función da relación de aspectos do formato da cámara:  3:2  |  4:3  |  16:9  |  1:1 )

    • informacion

    • O recoñecemento da propiedade intelectual e o respecto polos dereitos de autor, deben de estar sempre presentes cando preparemos materiais educativos. A rede está chea de recursos fantásticos, pero non sempre contamos cos permisos axeitados ou outorgamos os recoñecementos debidos aos seus creadores.

      Benvido ás licenzas Creative Commons e aos bancos de recursos.

    • Cal é a intención das Licenzas Creative Commons? Por que é importante que o noso alumnado coñeza que é a propiedade intelectual e a respecte? É de todos todo o que está na internet? Podo descargar libremente sen preocuparme de nada máis?

    • Coñece cales son os distintos tipos de Licenzas Creative Commons e como empregalas.

    • No seguinte tema tratamos aspectos comúns da edición de vídeo, aínda que as capturas de pantalla son do programa gratuíto de entorno Windows: Movie Maker.

      Non tes que empregar obrigatoriamente ese. Se non o tes e o precisas, envíame un mail para que cho facilite por Wetransfer, xa que non é doado descargalo da Web de Microsoft.

      Insisto en que podes empregar as apps ou programas que empregues habitualmente.

    • accion


    • Realiza un pequeno vídeo con 10 imaxes fixas e un arquivo de audio. Descárgaos da rede empregando as indicacións sobre os dereitos de uso.

      Non tes que empregar a ferramenta de vídeo proposta no tema. O programa ou app de edición de vídeo que teñas instalada é perfecta.

      A entrega terá que ser en .mp4