Boas noites:
Son Eduardo Gómez, profesor de Física e Química do CPI Plurilingüe Santa Lucía. Teño algo de experiencia na xestión administrativa das aulas virtuais e tamén de xeito autodidacta nalgunha ferramenta de gravación de pantalla externa a Moodle mesturado con software de pizarra dixital (Openboard) para a elaboración de vídeos, tanto para as clases durante o confinamento como para outras tarefas relacionadas ca xestión das aulas.
Pero en xeral teño poucos coñecementos nos contidos do curso, polo que estou moi interesado neles e espero sacar moito aproveitamento do mesmo.
Un saúdo!