Foro de consulta do módulo Lim

VISTA PREVIA LIM

VISTA PREVIA LIM

por Patricia Yáñez Real -
Número de respostas: 1

Ola boas tardes:

No proceso de creación do meu libro interactivo (LIM) da primeira tarefa do modulo 1, non sei o motivo pero non me deixa ir vendo a vista previa das tarefas que vou incluíndo para saber como me están quedando. Non sei si o podo visualizar de outro modo. 

Grazas. Un saúdo.

En resposta a Patricia Yáñez Real

Re: VISTA PREVIA LIM

por xurxo cobelas -

Ola Patricia. Perdoa por tardar en responder pero a semana pasada foi un pouco lío coas avaliacións e todo iso. En canto ao que me preguntas, pode ser por dous motivos. Que abriras o Lim sen descomprimilo previamente da carpeta na que o descargas ou que o navegador non o abra e terías que probar a abrilo con outro.

Para abrilo con outro navegador terías que ir á configuración dese navegador e marcalo como navegador predeterminado. 

A ver si che vai.

Un saúdo