Boas tardes:
Son Mónica Parajó Sineiro, mestra de inglés no CEIP A Escardia, de Vilagarcía de Arousa.
No contexto actual, evidentemente, precisamos toda a axuda dispoñible para afrontar e desenvolver todas as modalidades de ensino coa máxima eficiencia e mantendo a motivación e interese de todas as persoas implicadas.
Por iso, coido e confío en que esta formación me vai axudar moitísimo a mellorar no manexo, creación e xestión de recursos audiovisuais nas aulas virtuais, tanto en Moodle como no EVA, en EDIXGAL, facéndoas máis atractivas e interesantes.
Unha aperta e moito ánimo a todas e todos.