Foro de dúbidas

Evitar inicio automático dun mp3

Evitar inicio automático dun mp3

por Laura F. Nocelo -
Número de respostas: 3

Boas,

Sabedes como evitar que se inicie automaticamente un audio .mp3? Intentei inserilo de distintas formas pero sempre se reproduce nada máis abrir a aula que o contén.

Graciñas!!

En resposta a Laura F. Nocelo

Re: Evitar inicio automático dun mp3

por Óscar Abilleira Muñiz -

Si tes que facer o mesmo que se comentou para os vídeos, pero cambiando a etiqueta <video por <audio.

Tes que activar o código html (<>) e alí cambiar o que estará do do tipo:

arquivo

por <audio src=urlquesexa  controls>arquivo</audio>

A etiqueta “controls” é o que fai que non se reproduza automáticamente en Chrome.

En resposta a Óscar Abilleira Muñiz

Re: Evitar inicio automático dun mp3

por David González Gándara -

Xa que se está falando do tema... Sabedes como relacionar a etiqueta audio cunha imaxe? Cando se utilizan enlaces é moi fácil, métese a imaxe no medio de  e , pero coa etiqueta audio non funciona igual. Probei:<audio src=...>arquivo</audio>

Pero non me funcionou.

Por se vos preguntades para que o quero facer, é porque nalgúns navegadores, ó pinchar na imaxe realacionada co audio usando , cárgao noutra pesatana, e isto non sucede usando a etiqueta <audio>

En resposta a David González Gándara

Re: Evitar inicio automático dun mp3

por Óscar Abilleira Muñiz -

En html a etiqueta  é un enlace sempre e <audio></audio>  (ou vídeo) é unha etiqueta para reproducir o medio directamente na páxina.

No caso de Moodle, cando atopa un enlace () que leva a un audio ou vídeo “convírteo” automáticamente par que se reproduza.

O que plantexas de que unha imaxe leve a un audio faise  en html  creando un enlace deste tipo.

(target indicad onde se abre neste caso nunha nova ventá).

Esto faise directamente tamén insertando a imaxe desde o botón correspondente e logo usando o botón de ligazón sobre ela.

O problema ven cando o enlace é un arquivo de audio ou vídeo, que Moodle recoñece e convirte directamente tal como comentaba. Ante este feito tes dúas opcións (que se me ocorren):

• Desactivar esa “conversión automática en Moodle” (desde administración pode facerse pero afectaría a toda a aula virtual.
• Como queres ter unha imaxe, na que o facer click se poida escoitar o audio (ou ver o vídeo), podes crear unha páxina na que estaría metido o vídeo ou audio, e desde a imaxe enlazar con esa páxina. Dese modo o facer click na imaxe vas a abrir a “nova páxina” e alí xa estará o audio.

Non se me ocorre outra forma de facelo. En calquera web en html  se nun enlace  vai un arquivo de audio enlazado abre o arquivo ó facer click (que é o que buscas), pero como comentaba Moodle fai esa conversión “por comodidade” (que ás veces non o parece tanto hehe)

Algo similar pasa con algunhas versións de Moodle cando se fai un enlace a unha url de youtube, onde “automáticamente” aparece embedido e non hai forma de facer unha ligazón directa.