Ola,
As miñas compañeiras coméntanme que na aula virtual as tipoloxías de letras son moi escasas, gustaríalles ter máis tipos de letra. Poderíanse engadir novas? Eu entendo que non pero prefiro consultalo antes...
Grazas!
Ola,
As miñas compañeiras coméntanme que na aula virtual as tipoloxías de letras son moi escasas, gustaríalles ter máis tipos de letra. Poderíanse engadir novas? Eu entendo que non pero prefiro consultalo antes...
Grazas!
A min tamén me preguntan iso. De feito é case a razón principal pola que algunha xente prefire usar outras ferramentas antes que moodle.
Técticamente é posible, pero habería que editar a man of ficheiros fonte dos temas.
Seguinlle dando voltas ó asunto, e atopei un truquiño para poder usar fontes sen necesidade de instalalas a man nos ficheiros do moodle. Trátase de utilizar as fontes de Google. Hai que seguir os seguintes pasos:
1. Entrar en Google Fonts. Ó escoller unha fonte, pinchar en "select this style" e aparece unha barra con opcións na dereita. Pínchase en "embed" e aparece un código tal que este:
<link href="https://fonts.googleapis.com/css2?family=Chelsea+Market&display=swap" rel="stylesheet">
2. Copiar este código no noso moodle, en Administración do sitio->Apariencia->HTML Adicional, no cadro "Dentro do encabezado (HEAD)"
3. Nun recurso calquera, activamos o código HTML dando no botón "<>". No párrafo no que queremos aplicar a fonte, engadimos, engadimos na etiqueta <p> "style="font-family: 'Chelsea Market';", é dicir, quedaría así:
<p style="font-family:'Chelsea Market';">
Obviamente, o de "Chelsea Market" terémolo que cambiar se a fonte que utilizamos se chama doutra maneira.
E listo.
Se queredes ver un exemplo, utilicei esta fonte na nosa aula, nos títulos dos bloques:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanxoanbautista/aulavirtual2/course/view.php?id=10
Moitísimas gracias!
A verdade que é un dos aspectos que máis botan en falta as nosas compañeiras.
Estiven tratando de facelo pero non son capaz...a primeira dúbida é...podo cambialo como mestra ou teño que estar habilitada como administradora?
Cando entro en configuración do curso>apariencia...non me aparece nada para engadir html...
Poderíasme enviar un pantallazo de onde está? Non vaia ser que me despistara...
De todas formas, moitísimas grazas!
Hai que entrar como administrador, claro. :( Se a persoa que adminstra a túa aula se lía, pódoche gravar a pantalla facéndoo.
Vou falar coa administradora...a ver se somos capaces...moitas grazas! :)
Eu probei e funciona!
Mola aínda que é un pouco egorroso ter que engadir a etiqueta no html .... sería guai se se puidera escoller no editor de texto
graciñas pola achega eu xa me quedo co código nun postit ;-)
bicos
Para que saia no editor de texto hai que modificar a man un par de ficheiros ós que non temos acceso. Quizá pedíndollo ós asesores sexa posible.
Ok
Graciñas!