Ola Alberto. Pódese facer unha copia de seguridade pero esa copia de seguridade (está en formato comprimido .mbz) está optimizada para poder ser restaurada, non para extraer os ficheiros dela (que se pode facer con 7z por exemplo), xa que os nomes dos ficheiros non son os orixinais, posto que están rexistrados nun files.xml co seu hash correspondente (secuencias longas de números e letras). Terías que ir polos diversos xml identificando aos usuarios, os ficheiros, logo renomealos e darlles unha extensión.
Pódese facer, pero é tedioso e require certo coñecemento por parte do profesorado. A mellor opción sería restaurar, pero ese non é o propósito neste caso.
Saúdos,