Hola,
A ver si alguien me puede ayudar.
Me preguntan si se pueden bajar todas las tareas de un alumno y a la vez claro. No se me ocurre como.
Un saludo y gracias.
Hola,
A ver si alguien me puede ayudar.
Me preguntan si se pueden bajar todas las tareas de un alumno y a la vez claro. No se me ocurre como.
Un saludo y gracias.
Ola Ignacio, eu entendo que se poden descargar en zip todas as entregas por tarefa de cada usuario, pero dubido si de forma directa se poden descargar todas as tarefas dese usuario.
Para descargar as entregas pinchas na tarefa da cal queres recoller as entregas, logo en administración de tarefas podes ir a Ver/cualificar todas as entregas e dende ahí podes descargar todas as entregas desa tarefa por cada usuario ou as de todos os usuarios.
Non sei certamente se se poden descargar todas as tarefas dun usuario, a non ser que fagas un grupo por cada usuario, nese caso coido que si poderías.
A ver se alguén nos pode indicar se se poden descagar todas as tarefas por usuario de forma directa.
Sinto non poder ser de mais axuda.
Saúdos,
Rober
Gracias por la respuesta.
Saludos
Ola compañeiros.
A única forma na que poderías baixar as tarefas que ti decidas de todo o alumnado é mediante copia de seguranza. Terías que escoller unicamente actividades (con datos do alumnado) e logo escoller as tarefas que queiras. Ao final terás un arquivo comprimido que conterá todas as tarefas que escolleches para todo o alumnado. Nunca o fillen pero teoricamente pódese facer. Se probas indícanos cal foi o resultado.
Un saúdo!
Ola Alberto. Pódese facer unha copia de seguridade pero esa copia de seguridade (está en formato comprimido .mbz) está optimizada para poder ser restaurada, non para extraer os ficheiros dela (que se pode facer con 7z por exemplo), xa que os nomes dos ficheiros non son os orixinais, posto que están rexistrados nun files.xml co seu hash correspondente (secuencias longas de números e letras). Terías que ir polos diversos xml identificando aos usuarios, os ficheiros, logo renomealos e darlles unha extensión.
Pódese facer, pero é tedioso e require certo coñecemento por parte do profesorado. A mellor opción sería restaurar, pero ese non é o propósito neste caso.
Saúdos,