Foro de dúbidas

Tamaño das grabacións

Tamaño das grabacións

por Laura F. Nocelo -
Número de respostas: 5

Boas,

 

Alguén sabe canto poden ocupar cada unha das grabacións de reunións en Webex, e cal é a capacidade máxima que temos para almacenar grabacións na propia aplicación web de Webex?

 

Graciñas!

En resposta a Laura F. Nocelo

Re: Tamaño das grabacións

por Manuel Felpeto González -

Temos 1GB, e 15 minutos de gravación ocupan 70Mb, é o que che podo dicir. A calidade é moi boa e podes ir borrando as gravacións. Tes a opción de descargar a MP4, de compartir con contrasinal...

Eu estouno a empregar cada xoves con sesións que dou de 15 minutos e a verdade é que estou moi satisfeito.

En resposta a Laura F. Nocelo

Re: Tamaño das grabacións

por Ana Salorio -

Eu ata agora o máximo que gravei foron 26 minutos ocupando 90MB.

Como dixo o compañeiro podes descargar, editar, compartir e/ou eliminalas.

O que fai moita xente e planificar automaticamente a gravación ao inicio da sesión (mostrar opcións avanzadas/ opcións de planificación/ permitir que inicie a gravación automaticamente). Moitos compañeir@s están facendo isto con cada clase. O espazo de almacenamento é limitado pero de ti depende descargar o que vas gravando.

Por certo, estas gravacións tardan un tempo en xenerarse (un par de horas)

Saúdos

En resposta a Ana Salorio

Re: Tamaño das grabacións

por David González Gándara -

A min xa me pasou dúas veces que gravei a videoconferencia pero cando compartía pantalla, na gravación non se vía a pantalla compartida (funcinou ben en directo). Pasoulle isto a alguén?

En resposta a David González Gándara

Re: Tamaño das grabacións

por Alberto Abadin -

A min si que me pasou. Ademais de esgotar a capacidade e non poder gravar dúas videoconferencias seguidas polo que optei por utilizar RecordMyDesktop que funciona moi ben e que está incluído na maqueta abalar.

En resposta a Alberto Abadin

Re: Tamaño das grabacións

por Manuel Felpeto González -

RecordMyDesktop está na maqueta abalar non actualizada, cando restaures o equipo terás Vokoscreen, que vai igual de ben ou mellor.