Foro de dúbidas

Módulo Geogebra en Moodle

Módulo Geogebra en Moodle

por Diego Fariña -
Número de respostas: 2

A ver se alguén me pode axudar.

Cando quero introducir unha actividade Geogebra en Moodle, tanto engadindo o ficheiro ggb como poñendo o URL, doulle a previsualizar a actividade e non aparece nada, e ao cabo dun rato sáeme esta mensaxe: 

This is a Java Applet created using GeoGebra from www.geogebra.org - it looks like you don't have Java installed, please go to www.java.com

Non entendo a razón, porque teño Java instalado no PC. De feito podo facer a actividade sen problema na páxina de Geogebra.

Moitas grazas de antemán.

Un saúdo

Diego

En resposta a Diego Fariña

Re: Módulo Geogebra en Moodle

por Webmaster Websdinamicas -

Bo día Diego.

Envía un correo electrónico a websdinamicas@edu.xunta.gal co nome do centro indicando que non te funciona Geogebra.

E xa o configuran para que funcione.

Saúdos