Foro de novas

Problemas de conexión

Re: Problemas de conexión

por Javier Prado Espiñeira -
Número de respostas: 0

Ola Santi,

agora o vexo clarísimo, na radio que montamos en Lérez temos a mesma mesa da foto e coñezo ben ese problema, é polos drivers usb do windows, que fai un control dos mesmos como lle da a gana.

De memoria agora mesmo non che podo dar unha solución clara, e tes que facer algunha das probas que che indico,  necesitaría ir ao Lérez e para  gravarche un video da configuración alí, e non sei se terei tempo antes do mércores, sen embargo o que deberías facer para resolvelo é o seguinte:

Ir á xestión de dispositivos de reproducción e ver cales son os drivers que che aparecen da saída da altavoces, posiblemente teñas máis de un, probablemente teñas:

- Audio USB Codec

- Realtek audio (ou outra marca similar)

- Incluso Windows Waveout

Se pode ser saca fotos desa configuracións. Serían os dispositivos de reproducción.

Aí podes facer varias probas, coa mesa encendida e o usb enchufado e o minijack na salida de cascos (sen abrir o audacity), modifica os drivers predeterminados, se está seleccionado altavoces USB Codec proba cos outros e ao revés, e en cada proba que fagas pon a reproducir música e trata de gobernar o volume dende o deslizador da canle 7/8 da mesa. Verás que se resolve o problema.

Vaime contando como vai a cousa, é un problema da xestión dos drivers por windows case ao 100%.