Foro de novas

Dúbidas sobre os dereitos de autor da música comercial en radio escolar

Dúbidas sobre os dereitos de autor da música comercial en radio escolar

por Javier Prado Espiñeira -
Número de respostas: 1

Ola benvid@s a tod@s,

abro este fío do foro para introducir información sobre a problemática dos dereitos de autor e a SGAE que comentou o compañeiro Santi na formación do luns.

En primeiro lugar quero comentarvos que se facedes radio escolar mediante podcasting (falaremos na seguinte formación), empregando a plataforma iVoox, que é a que eu recomendo, non teredes problemas cos dereitos de autor se incluides música comercial nas vosas creacións. Esto é debido a que iVoox dispón dunha licenza coa SGAE para cubrir estas situacións. Podedes lelo aquí.

Un saúdo

En resposta a Javier Prado Espiñeira

Re: Dúbidas sobre os dereitos de autor da música comercial en radio escolar

por Javier Prado Espiñeira -

Por outra banda, Santi comentou que el empregaba Spotify Premium (a versión de pago do programa Spotify) e que creía que así estaba cuberto fronte a posibles ilegalidades á hora de reproducir música no centro. Pois ben, non é así, Spotify é so para uso persoal e na súa páxina especifica que non está permitido o seu emprego en centros educativos.

https://support.spotify.com/es/using_spotify/the_basics/use-spotify-in-my-bar-restaurant-store-school-etc/

Este é un tema interesante para a emisión da radio dentro do propio centro, así que falarei con persoas que teñen timbre musical no seu cole para que me digan como o resolveron.

Aínda así, quero destacar de novo que o interese do emprego da radio escolar como FERRAMENTA DIDÁCTICA baséase na voz do alumnado e non tanto na posibilidade de poñer música comercial ou non. 

Un saúdo.