Sinto ter que abrir unha nova liña para contestar ao anterior, pero non me aparece o botón de respostar.
Escribo para agradecer a Suxestión Javier. Logo de levar hora e media pelexándome con Windows e sen saber moi ben como, por fin podo gravar a voz e a música.
Andei remexendo nos drivers, pero nada; probei co meu ordenador E-Dixgal e nada; conectei e desconectei os botóns da mesa track/usb to main, pero nada; volvín remexer nos drivers, e nun momento, sen saber como, tiña o control da música na mesa.
Logo comprobei que cambiei o controlador 2-usb audio codec abrindo outro dispositivo high definition audio e poñéndoo como predeterminado.
Nestes momentos estou desexando que chegue o luns para dicirlle aos neonos e nenas que estamos listos para gravar.
Por certo, por se alguén está interesado, hoxe saíu a convocatoria dos Contrato Programa, que foi como conseguín eu o diñeiro para comprar o equipo novo. Remata o prazo o 30 de novembro.
Graciñas polo consello Javier.