TERCEIRO ESPAZO PARA A CONVERSA

Ser homes (e mulleres) é aprender a conversar

Ser homes (e mulleres) é aprender a conversar

por Paco Diaz -
Número de respostas: 2
Gustoume este texto como final desta conversa que temos de xeito virtual. Di Sócrates que a necesidade de expresarse ben é un exercicio que non so favorece o coñecemento, senón que axuda a evitar o dano ás almas.
Fermoso.
Esaxerado?
En resposta a Paco Diaz

Re: Ser homes (e mulleres) é aprender a conversar

por Libia Cibeira -
Nada esaxerado. Impresionante. De feito, moitas veces fannos dano non polo que nos din, senon por como o din.
Empregar a palabra axeitada no momento oportuno é unha arte...
En resposta a Libia Cibeira

Re: Ser homes (e mulleres) é aprender a conversar

por Maria José Salgado Lorenzo -

As palabras poden axudarnos no noso estado de ánimo, alegránnos, compadécennos, axúdannos a compartir as nosas alegrías coma as nosas mágoas. Todos sabemos o complicado que pode resultar dicir unhas palabras en momentos difíciles. Como dicía EL ULTIMO DE LA FILA nunha fermosa canción: SI LO QUE VAS A DECIR NO ES MÁS BELLO QUE EL SILENCIO NO LO VAYAS A DECIR. Por iso é importante non intentar ferir aos demais non so polo que se di senón polo tono usado, ser educad@ non custa nada!!!