SEGUNDO ESPAZO PARA A CONVERSA. CONVERSEMOS A PARTIRES DESTA IMAXE...

Confusión de espazos

Confusión de espazos

por Libia Cibeira -
Número de respostas: 0

Ideas, dúbidas ou cuestións que me suxire a estampa:

1) A que moitos pais quixeran ver aos seus fillos sentadiños así na casa?

2) A que moitos pais pensan que os seus fillos están tan quietiños, sumisos e calados nas aulas?

3) A escola ten que ser a prolongación do que ocorre na casa ou a casa ten que ser a prolongación da escola?

4) Frecuente confusión entre o papel que xogan as figuras do pai/profesor.

5) Demasiada rixidez a destes nenos, os das aulas non adoitan ser así.

6) Situación de superioridade dos pais nesa tarima. Tampouco adoita ser así. Agora a moda é ser "amigo" dos fillos.

7) Moito espazo, escasa conversa. Eses nenos teñen medo e eses adultos non saben de que falar con eles. Parece que non os coñecen.