A disposición do mobiliario nas aulas, a situación do alumnado nas mesas e cadeiras... favorece a comunicación? Ou máis ben a dificulta?
Depende! Ou non?
A disposición do mobiliario e a organización do espazo nas aulas, dende logo, non é o propio da conversa cotiá (na casa, nunha cafetería, na rúa); na conversa cotiá, a interacción é moito máis espontánea e o contacto entre os falantes, algo máis íntimo e sempre cara a cara.
Penso que unha conversa cotiá e espontánea non é exactamente equiparable ás interaccións que se poidan producir nunha aula: dramatizacións, recitais, exposicións, debates, entrevistas, etc., que requiren unha preparación e organización previa. Polo tanto, o mobiliario e a distribución do espazo, en principio, tampouco suporían tanto impedimento á hora de levar a cabo este tipo de interaccións.
Resumo: a conversa cotiá nas aulas só chega a ser como unha especie de "imitación" da conversa cotiá real. O espazo da aula, dalgún xeito, tamén é artificial, podemos adaptalo como queiramos. Porque as aulas son, simplemente, un entrenamento para lanzarse logo á realidade.