Selección de contidos á hora de abordar un proxecto

O alumnado realiza aprendizaxes a través dos proxectos??????

O alumnado realiza aprendizaxes a través dos proxectos??????

por Cristina Novoa -
Número de respostas: 1
Este aspecto é crucial. Hai moita actividade inútil baixo a apariencia de proxectos. Tras o visionado dos vídeos que vos poño aquí, pediríavos a vosa atención sobre os seguintes aspectos:
- o papel do equipo de biblioteca
- a importancia de conectar os contidos do proxectos coas APRENDIZAXES que debe realizar o alumnado, para que realmente os proxectos estean ao servizo do desenvolvemento do currículo, entendendo que o currículo contempla contidos e competencias. Neste sentido hai un pequeno vídeo de Fernando Trujillo que tamén recomendo (súboo a continuación)
Estas cuestións tamén hai que telas en conta á hora de avaliar o proxecto, finalmente, pero sobre todo, hai que prever que tipo de aprendizaxes se van realizar. Trujillo explícao moi ben.
En resposta a Cristina Novoa

Re: O alumnado realiza aprendizaxes a través dos proxectos??????

por Joaquín Díaz -
Para mín hai un aspecto clave que é vincular as tarefas e os criterios de avaliación, sen que sexan meros aspectos administrativos do currículo ou se confundan os criterios de avaliación só cos porcentaxes que sumados constitúen unha nota.A orde é diferente, nun, os criterios xeran as tarefas e, doutro xeito, as tarefas son as que "xeran" os criterios