Diferencias entre proxectos e aprendizaxe baseado en proxectos

Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

por Cristina Novoa -
Número de respostas: 15

Propoño comparar as dúas columnas desta plantilla e comentar a súa relación co contido do curso, é dicir, co desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinar desde/con a biblioteca escolar.

En resposta a Cristina Novoa

Re: Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

por Ester Ojea -
Despois de ler este documento, cada vez teño máis claro que nos colexios trabállanse moitos proxectos e moi pouco a "aprendizaxe baseada en proxectos". Dende as bibliotecas escolares, quérese propiciar que isto cambie, pero fai falla un cambio de metodoloxía a nivel de todo o centro para que este tipo de aprendizaxe sexa realmente efectiva. A realidade segue a ser que unha gran parte do profesorado aínda é moi reacio a abandonar a metodoloxía tradicional do libro de texto e pensan que a aprendizaxe baseada en proxectos venlles a engadir aínda máis traballo do que xa teñen. Sinceramente, penso que este curso tíñase que impartir en cada centro, a todo o profesorado para que sexan quen de integralo na súa actividade diaria e coñecer máis de preto e con experiencias reais, que o que contamos aqueles aos que nos gusta o traballo por proxectos, é asequible a tódolos niveis.
En resposta a Ester Ojea

Re: Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

por Geli Piñeiro -
Pois eu si que penso que tamén se traballa a "aprendizaxe baseada en proxectos" e non só os "proxectos".O que si creo é que se misturan as dúas táboas nos proxectos de centro, quedando estes "incompletos" e que non se cumplen todos os apartados na súa totalidade. Pero os puntos que se tratan si que pertencen a unha "aprendizaxe baseada en proxectos". Agora, é ben certo, que aínda son moi poucos os centros que intentan este tipo de aprendizaxe.
En resposta a Cristina Novoa

Re: Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

por Ramona Neira -
Fronte á concepción atomista da realización de traballos tradicionais, realizados desde sempre polos nosos alumnos, na aprendizaxe por proxectos é fundamental o concepto de interacción. Os docentes interactúan entre si e co alumnado na definición e avaliación do proxecto, tanto do proceso como do produto. O alumnado traballa en equipo contidos de varias disciplinas relacionados. Trabállanse aspectos curriculares significativos, conectados coa realidade do alumnado, coa que deberá relacionarse. O alumnado traballa con recursos definidos e útiles para os obxectivos do proxecto e é activo e crítico no manexo dos mesmos. Os alumnos e alumnas realizan un produto orixinal que presentan a unha audiencia converténdose en activistas na transmisión do coñecemento.

É polo tanto obvia a relación entre os contidos dos ítems da táboa proposta e os impartidos no curso, onde se insiste no papel protagonista que debería ter a biblioteca escolar na aplicación dunha aprendizaxe diferente: a baseada en proxectos. Concordo na necesidade desta aprendizaxe activa e interactiva, mais tamén vexo dificultades na súa aplicación entre as que destacaría a formación do profesorado (de todo)e a adopción de medidas organizativas nos centros educativos: flexibilización de espazos e tempos de aprendizaxes, reunións interdepartamentais específicas... e arterias e veas por onde circule a seiva que bombee a biblioteca.
En resposta a Cristina Novoa

Re: Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

por Orlando Molares -
Pienso que el ABP (Aprendizaje Basado en Proyectos) plantea una metodología que responde mejor a los retos de la educación actual. Creo que algunas de sus estrategias se utilizan, consciente o inconscientemente, integradas dentro de la enseñanza directa. Quiero pensar que, al menos en la enseñanza obligatoria hay pocos profesores que se dediquen a dar clases magistrales. Creo que la mayoría de nosotros somos conscientes de que el modelo tradicional no nos sirve para alcanzar los objetivos que se nos exige.

Pienso que conseguir que la enseñanza en un centro se base en la filosofía del ABP es una tarea compleja y que se podrá hacer poco a poco, haciendo lo que se pueda.

Los proyectos interdisciplinares pueden ser un buen procedimiento de dar a conocer esta metodología y hacer que nuestros compañeros, incluso los más escépticos, se impliquen en su implantación (sin su contribución e implicación será imposible conseguirlo). Si somos capaces de concretar la puesta en práctica de esta metodología con proyectos atractivos y adecuados a la realidad de los centros en los que trabajamos, en donde se vean las ventajas de trabajar de este modo, igual somos capaces que más compañeros se unan a la causa y aporten su granito de arena.
En resposta a Orlando Molares

Re: Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

por Paco Diaz -
De verdade que estades a sinalar aspectos clave que nos suscita esta táboa. Efectivamente, concordo plenamente con Ester cando di que en moitas ocasións se levan a cabo cantidade de "proxectos" (ou actividades que teñen semellanzas importantes con esta metodoloxía, que comparten algunhas das súas características), pero non sempre se propoñen desde a intención de "aprender" a través destes proxectos.

Velaí a importante cuestión - quizais a máis difícil - que nos queda por traballar na sesión vindeira:

Sabemos como dotar ás nosas propostas dun potencial de aprendizaxe claro e comprensible para os compañeiros e compañeiras de distintos cursos/ciclos/áreas/materias?

Podemos comprobar dalgún xeito que os proxectos que poñemos en marcha realmente serven para aprender? Para aprender a que? A ler? A buscar, discriminar, xestionar a información? Pensar? Tomar decisións e iniciativas? Aprender a aprender?

Interesantes e complexas as cuestións pendentes... si.
En resposta a Cristina Novoa

Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

por Gonzalo Jara -
Hola! Pues yo estoy de acuerdo con muchas de las anotaciones que hacéis pero considero que este "actual" proceso de enseñanza-aprendizaje por proyectos, es algo relativamente nuevo y que está de moda ahora, pero que necesita más tiempo para implantarlo y que sea bien recibido por todos (docentes, alumnos y padres)y ver si realmente es beneficioso y le sacamos todo el partido que deberíamos. De lo que se trata es ver si es productivo el trabajo; si todo el esfuerzo y dedicación que necesita por nuestra parte, es aprovechado por los destinatarios y realmente se alcanzan los objetivos marcados.

Considero que necesita más tiempo para "recoger los frutos", como todo en esta vida.
En resposta a Cristina Novoa

Re: Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

por Asunción Carballo -
Son moi interesantes os comentarios que van saíndo da proposta que nos fai Cristina.
Vendo a táboa quedan moi claros cales son os obxectivos que persegue a aprendizaxe baseada en proxectos. Son moitas as aulas nas que se traballan proxectos durante un curso. Pero esta aprendizaxe vai máis alá. Adquiren máis importancia as actividades interdisciplinares, a colaboración, a coordinación entre ciclos, cursos e materias... A biblioteca xoga un papel clave nesta aprendizaxe. É a que planifica, dota de recursos e acompaña ao profesorado e ao alumnado ata os resultados finais.
Dende a miña experiencia considero que non é un camiño fácil e que hai que andalo pouco a pouco. No día a día vas vendo como podes orientalo e mellorar as túas propostas.

En resposta a Cristina Novoa

Re: Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

por Marta Fernández -
Coincido en gran medida con moitos dos comentarios expostos aquí. Está claro que a columna de ABP é o ideal que debemos perseguir, mais non creo que a primeira columna sexa o que en realidade estamos facendo. Vexo este traballo por proxectos máis ben coma un proceso, no que grazas a avaliación dos mesmos e a autoformación por parte do profesorado, vaise pouco a pouco modificando esa lista de ítems.E estou segura de que, aínda non sendo un modelo perfecto, sempre aportan algo ao proceso de aprendizaxe.
Por suposto, con cursos de formación coma este e coa experiencia doutras persoas que xa están immersas na ABP aforramos anos de "proxectos-ensaio".
O seguinte paso sería que todo o profesorado vira a importancia desta forma de aprendizaxe. Podemos ter moi claro como organizar un proxecto interdisciplinar desde a biblioteca, mais como explicamos e convencemos aos demais para colaborar e aparcar o que levan facendo desde sempre?
En resposta a Marta Fernández

Re: Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

por Mónica Muñoz SOBRINO -
Acadar un cambio metodolóxico nos centros non é doado. Temos "padecido" un montón de leis, e, finalmente, todo sigue igual. O poder dos libros de texto, os "anos de experiencia" que levamos ás costas, o "eu sempre o fixen así e deume bo resultado" pesan demasiado.

Os nosos compañeiros de Educación Infantil levan moito camiño andado. En moitos centros se traballa por proxectos. Pero, ó chegar a Primaria... plaf!

Polo tanto, para convencer á xente (na miña opinión) non basta con ofrecerlles bos modelos, nin con pórlles a lei por referencia, nin con cursiños feitos no centro. Penso que moitos dos nosos compañeiros necesitan "acompañamento", porque, en moitos dos casos, esa resistencia non é máis que "medo" ante unha realidade descoñecida.

Neste sentido creo que a biblioteca escolar ten unha responsabilidade que non pode eludir. Temos que liderar os cambios metodolóxicos. Pero sen angustias, e sen intentar queimar etapas. Pasiño a pasiño. Tendo como aspiración esa columna do ABP e intentando facer unha transición o menos traumática posible dende a primeira.

O vídeo que nos mostra Paco é perfecto. Todos eses atletas de élite consiguen a victoria despois de 20 ou 30 anos. Que tería pasado se, na súa primeira caída, tiveran tirado a toalla...?

Pois non nos desesperemos. Todos temos os mesmos problemas e as mesmas aspiracións. Como di unha compañeira miña... Entusiasmo! Moito entusiasmo!

En resposta a Mónica Muñoz SOBRINO

Re: Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

por Ester Ojea -
Respaldo totalmente a túa reflexión, Mónica. O camiño hai que facelo paseniño. É ben certo que en infantil a aprendizaxe basada en proxectos de traballo faise máis doada de levar adiante porque cubres tódalas áreas de coñecemento, e sen lugar a dúbidas os nenos e nenas son quen de acadar tódolos obxectivos propostos porque aprenden dende a súa propia experiencia; por outra banda, tamén é certo que aínda que hai xente de primaria que quere traballar por proyectos, hai moitos que abandonan ao ver a carga tan grande de traballo que isto supón para o docente, posto que traballar así require traballar de xeito interdisciplinar, entendendo que a través dunha mesma actividades podes contribuir a desenvolver tódalas capacidades das que se nos fala na lei. No meu centro trabállanse moitos "proxectos", pero garantízoche que de 18 persoas que conformamos o claustro só 2 traballamos a aprendizaxe baseada en proxectos; o resto pensan que é moi bonito e que sí que se traballa, pero que non é para eles. Eu espero que co paso do tempo cambien, polo menos polo ben do alumnado.
A modo de exemplo deste tipo de aprendizaxes, direivos que eu teño unha clase de 22 nenos e nenas de 5 anos e que... APRENDERON A LER GRACIAS AOS DINOSAUROS, JAJAJAJAJA.
En resposta a Ester Ojea

Re: Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

por Paco Diaz -
Aprenderon a ler grazas aos dinosauros! Interesante esta reflexión pedagóxica. Agocha un bo feixe de cuestións de interese. Resérvoa para a vindeira sesión.
Grazas Ester!
En resposta a Mónica Muñoz SOBRINO

Re: Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

por Cristina Novoa -
En efecto, o tema do "acompañamento" é esencial para a xente menos arriscada... máis atada ao libro de text, máis insegura... unha das miñas experiencias profesionais máis grata foi traballar cunha compañeira que estaba a piques de xubilarse, hai xa 30 anos. Ela era una profesional recoñecida por compañeiros e alumnos, por moi tradicional que fose, era unha excelente profesora de secundaria, e obtiña bos resultados. Por razóns que non veñen ao caso, compartimos un 3º ciclo de primaria. E propúxenlle traballar sen libro de texto o coñecemento do medio... ao comezo foi moi duro, pero segundo ía avanzando o curso, ía gañando seguridade e poñendo en xogo recursos que empregaba desde había tempo, só que nun contexto de clase diferente. Foi un dos cursos máis gratos. Eu, que guiaba, tamén aprendín un montón dela.
Posteriormente, vivín esta fórmula de guiar o aventurarse en traballar cun enfoque metodolóxico máis activo, baseado en proxectos, a través da biblioteca escolar... e tamén houbo profesorado "tradicional" que foi dando pasiños cara a desprenderse desa dependencia atávica do libro de texto. En xeral, o profesorado cuns cantos anos de traballo enriba, ten recursos que nin é conscente deles... é certo que dá máis traballo levar unha clase desta forma, pero lévase mellor porque é un traballo colaborativo, en grupo, OU NON É.
Podíamos incluír unha proposta, como unha das conclusións deste curso, para "acompañar" ao profesorado que se sinte máis inseguro... (e eu penso, efectivamente, como sabedes, que iso o pode facer o equipo de biblioteca, preferentemente, aínda que non só). Parécevos?

En resposta a Cristina Novoa

Re: Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

por Paco Diaz -
A min paréceme! Suscribo totalmente. E coido que algo falamos na sesión adicada á aviación deste tema, sen dúbida, clave.
En resposta a Cristina Novoa

Re: Pero que vén sendo iso de "traballar por proxectos"?

por Joaquín Díaz -
Eu destaco a importancia da aprendizaxe baseado en proxectos frente aos "traballos de toda a vida" sobretodo nestes aspectos: 1 Que non permite acomodarse e ter un plan "in eternum" 2 A interactividad de todos os axentes que participan 3 O emprego das ferramentas tecnolóxicas sempre como medio e que permitirán a súa vinculación co futuro laboral e real dos alumnos 4 O erro, por fin considerado como elemento de aprendizaxe e 5 A avaliación como método para a mellora, incluíndo como elemento avaliador a presentación pública "sen trampa nin cartón".O único pero é que a comodidade non hai cartos que a pague e é moi difícil, nun sector público, salir dela sen estímulos máis alá da voluntade de cada ún e da conciencia acomodada, en moitos casos, de para qué nos tén contratado o pobo a través da administración do estado