A Guía para a autoavaliación da biblioteca escolar, BIBLIOTECA ESCOLAR, ENTRE INTERROGANTES?, coordinada por Inés Miret e publicada pola FGSR e o Ministerio de Educación (dispoñible AQUÍ na súa versión en galego) é unha ferramenta complexa pero moi axeitada para empregar en pequenas doses á nosa biblioteca escolar. Recoméndase tela como referencia porque as dimensións que propón para avaliar e os aspectos que contempla son unha boa guía sobre o papel que debe cumplir a biblioteca escolar na actualidade. Propoño un vistazo ao apartado que serve para avaliar o papel da biblioteca escolar en apoio á adquisición da competencia denominada "tratamento da información e competencia dixital" e que como xa falei na primeira sesión, non é outra cousa que a chamada "competencia informacional" (ALFIN, AMI...) termo moito máis completo pois contempla os usos éticos da información entre os seus contidos. Trátase de identificar o nivel acadado pola biblioteca do centro nos distintos aspectos que contempla esta dimensión (D5). Como vedes, recolle unha serie de indicadores que cómpre ter en conta para identificar o nivel no que se está. Tamén hai unha serie de preguntas para axudar a facer esta identificación e unha ficha final para "planificar" un proceso de mellora, TODO ISTO referido, neste caso á biblioteca como espazo e instrumento para a adquisición destas competencias estrictamente.
Creo que isto pode axudar á hora de abordar a avaliación do papel da biblioteca no proceso de tarefas por proxectos ou de proxectos interdisciplinares, por indicadores. Ao meu entender, trataríase de analizar este exemplo, pasándolle este test á nosa biblioteca, e adaptar os items a un proceso concreto (un proxecto). Queda aberto este debate: parécevos unha ferramenta útil?
Cristina, non sei que pasa pero non podo abrir o arquivo para ler a Guía. Tamén me pasou con algúns da introducción ???
O arquivo está ben. Pode que teñas un problema co navegador que utilizas (o internet explorer non funciona moi ben nestas aulas virtuais). Proba a entrar mediante o navegador "Mozilla Firefox". A ver.
Non se abre a presentación e non se pode ler
Algúns navegadores (internet explorer ou safari) dan problemas nesta contorna virtual. A mellor opción (gratuíta e descargable en internet) é o navegador "Mozilla Firefox". Proba a entrar mediante esta aplicación a ver se así.
Lendo o cuestionario de avaliación, vexo que no noso caso..estamos bastante limitados. Hai moito que facer para acadar unha excelencia. Pero tampouco por iso imos tirar a toalla. Toca seguir e avanzar.
FErnando, mírao desde outro punto de vista. Esta ferramenta de autoavaliación non pode servir para visualizar canto nos falta para unha excelencia. Non. Ten que ser moito máis a visión segúndo as palabras de Machado, recorda:
Caminante, son tus huellas
el camino y nada más;
caminante, no hay camino,
se hace camino al andar.
Al andar se hace camino
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.
Caminante no hay camino
sino estelas en la mar...
Caminante, son tus huellas
el camino y nada más;
caminante, no hay camino,
se hace camino al andar.
Al andar se hace camino
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.
Caminante no hay camino
sino estelas en la mar...
A min pareceme unha ferramenta moi útil,posto que serve para decatarte en que aspectos "froxea" máis a nosa biblioteca e así unha vez identificadas as nosas deficiencias, poidamos solventalas. Tamén me gustaría engadir, que o cuestionario é un pouco complexo, sobre todo na primeira páxina onde hai que escoller o tipo de dimensión e indicadores de logro.
De todos os xeitos considero que é unha ferramenta útil, para levar a cabo unha tarefa fundamental como é a da autoavaliación, para poder enmendar os erros e quedarnos cos nosos acertos.
De todos os xeitos considero que é unha ferramenta útil, para levar a cabo unha tarefa fundamental como é a da autoavaliación, para poder enmendar os erros e quedarnos cos nosos acertos.
Efectivamente, toda a ferramenta é algo complexa ao comezo, ata que se lle colle o punto. En realidade é máis que nada unha cuestión de léxico e de conceptos, pero se nos mergullamos un pouco neles, vemos que "non é para tanto", que son cuestións que vemos en todos os cursos de bibliotecas e en toda a bibliografía que se vos recomenda. Pero como di Sandra, é unha boa ferramenta para ver os aspectos que non están coidados (por razóns diversas, a veces porque non é posible, simplemente), pero as máis das veces porque non se contemplan, por descoñecemento tamén; pero para iso estamos aquí, para construír coeñcemento; é en todo caso unha boa maneira de ver ata onde poderíamos chegar, e como lembra Paco, avanzar facendo camiño.
Ademais, é un instrumento de autoavaliación, é dicir, que o equipo non ten que dar contas a ninguén, se non quere... pero cando menos pode coñecer os logros e os retos por enfrontar. O que si cómpre ter en conta que a orientación que marca esta ferramenta de autoavaliación, no seu conxunto, vai na liña correcta, na que nos permitiría que a biblioteca fose un apoio fundamental para o traballo por competencias e para a o apoio ao desenvolvemento do currículo. Ou sexa, o que precisamos.

Preguntábame ao ler o texto a quen lle correspondería responder as cuestións. Soamente o equipo de biblioteca? Sería desexable e necesario que todo o profesorado se familiarizase co texto para actuar en consecuencia?
Gústame especialmente a parte da enquisa onde di "ademais utilicei" e "ideas interesantes para a miña biblioteca" que dan marxe á creatividade e á iniciativa.
Vexo difícil acadar a excelencia a curto prazo no relativo ao dominio das ferramentas e recursos dixitais.

A ferramenta de autoavaliación está pensada para ser utilizada dunha forma moi diversa. Este era un exemplo que eu propuña neste momento no que estades a pensar, deseñar, botar a andar un proxecto desde a biblioteca, e porque podía tamén axudar a autoavaliar o propio proceso. Daquela, estaría ben que o equipo respondese a estas cuestións, pero podería tamén pasarllas ao resto do profesorado implicado. A ferramenta é tanto máis útil canto máis abertamente se aborda, adaptándoa á propia circunstancia da biblioteca, do equipo, do centro.
E en efecto, un nivel de excelencia non é doado, co pouco tempo que se leva traballando estes contidos nos centros, pero algunhas bibliotecas xa se atopan nun nivel aceptable... e en todo caso marca o camiño cara onde ir.

Despois de pasarlle o test á situación no meu centro paréceme unha ferramenta moi útil para decatarnos de en que aspectos imos ben encamiñados (aínda que con moitas limitacións) e en cales nos temos que centrar para seguir avanzando. No caso do meu centro paréceme moi importante unha programación conxunta e complementaria co Plan TIC do centro.
Mercedes González
Mercedes González
Estoy completamente de acuerdo con vosotros en que me parece un poco complicado de aplicar, pero me imagino que será sobre todo mientras no le cojamos el truquillo. También me parece que tenemos que opinar todos los integrantes de la vida estudiantil (profesores del centro, alumnos y padres)para ver en qué "realmente" flojeamos y en qué "realmente" podemos mejorar; porque la mayoría de las veces queremos abarcar más de lo verdaderamente podemos y luego no salen las cosas cómo nosotros teníamos pensado.
Ánimo a todos y pasarlo muy bien en estos días y como bien dice Paco, descansar no se descansa demasiado pero desconectar, seguro que sí podemos!!!
Ánimo a todos y pasarlo muy bien en estos días y como bien dice Paco, descansar no se descansa demasiado pero desconectar, seguro que sí podemos!!!
Paréceme un documento moi interesante tanto como guía á hora de planear o proxecto anual dende a biblioteca como para empregalo durante e ao final do curso para ver que cousas sí se fixeron e que quedou por facer. Considero preciso ter unha guía que empregar como instrumento de avaliación para poder identificar carencias e ao mesmo tempo recoñecer aquelas cousas que xa se están a facer ben. É unha rúbrica, na miña opininón, moi completa.
E unha pregunta:
Probastes a dar resposta ás cuestións que plantexa este D5? Se é así, que hai do apartado número 4? Seguro que hai moitos/as de vós que tendes unha resposta positiva a este apartado. E abofé que incluso haberá quen queira compartir aquí - mediante unha ligazón, por exemplo - algunha mostra.
Estaría fantástico de cara á vindeira sesión compartir as propostas coas que traballamos nas nosas bibliotecas.
Quen se anima?

Entendo este material como un complemento idóneo ó meu comentario sobre o primeiro texto: necesitamos saber a onde queremos chegar. Por iso este cuestionario de avaliación é unha ferramenta moi axeitada para nos orientar no camiño.
Vexo tamén un "perigo": velo como unha tarefa "inasumible" ou "inalcanzable". Neste sentido, posiblemente ningún dos nosos centros acade nunca o nivel de "excelente", porque todos temos moitas limitacións. Pero ter un "modelo" ó que aspirar sempre é importante para mellorar. Repito: sen obsesións nin angurias. E, como moi ben indicaba Paco, "facendo camiño ó andar".

Sería fantástico non só pasar o test polas bibliotecas senón tamén polos centros. Coñecer os noso erros axúdanos a mellorar.
É bo analizar o funcionamento e a repercusión da biblioteca. Axúdanos ao equipo a mellorar e a saber que debemos cambiar. Hai que coñecer cal é o camiño e intentar seguilo.
Opino coma Mónica en que non hai que obsesionarse porque son moitas as limitacións que atopamos no día a día.

Na nosa biblioteca xa pasaramos este cuestionario fai tres cursos por petición da coordinadora e, a verdade, saíramos bastante mal parados. Recordo que, a sensación durante o inicio e a duración do cuestionario foi angustiosa pois todas as respostas eran regulares ou malas.
Pero, unha vez finalizado, a sensación foi de alivio, pois obtivemos un resume moi claro dos puntos onde faiabamos claramente e nos cales era preciso traballar na mellora con urxencia e, aqueles que, cunha simple acción, podíase mellorar un puntiño.
E niso estamos agora ou iso penso eu. Estamos nun proceso de cambio e creo, que sería boa idea, repetir a avaliación deste cuestionario por parte do equipo de biblioteca. Quizais, no curso seguinte ou dentro de dous, para ver se hai evolución ou non.
Paréceme, por outro lado, moi interesante a idea que aporta unha compañeira (Amelia, penso) que preguntaba se esta avaliación a debe o equipo de biblioteca ou todo o profesorado. Na miña opinión, creo que sería enriquecedora a aportación que poden facer os mestres que non pertencen ao equipo de biblioteca, aínda que o peso da avaliación a leve o equipo.
Se consigo falar coa antiga coordinadora (quedou ela co documento), pídolle a copia destas páxinas e as reenvío, como pide Paco.

Efectivamente a avaliación parece un elemento fundamental de diagnóstico. Penso que é efectiva se se realiza unha ao comenzo de curso e outra ao final, xa que considero fundamental ter un punto de partida que nos axude a marcar os obxectivos que queremos acadar e logo comprobar se os fomos alcanzando. Persoalmente, esta rúbrica paréceme algo complexa. Non sei se é porque non na probei ou se me asusta estar lonxe da exelencia. Aínda así, penso que toda programación debe ser avaliada por tódolos axentes que interviñeron nela (equipo de biblioteca, alumnos, profesores coordinadores dos diferentes planes ).
Non lle hai que ter medo á ferramenta. En conxunto parece complexa, pero tomada por dimensións, é moito máis abordable. Eu precisamente utilicei esta porque está moi relacionada co contido do curso, pero tamén para que vírades que se pode empregar por anacos, está pensada para iso. Iso si, o que non se pode é ter medo a non acadar niveis de excelencia... eses só se acadan despois dun tempo de traballo estable, continuado, ben orientado.. ou sexa, hai que poñerse no camiño pero non desfalecer por que a liña do horizonte estea algo lonxe... e por outra parte, xa dixemos nalgún outro fío destes foros que cando se comeza a traballar por proxectos, e de forma coordinada, póñense en práctica recursos complexos o que multiplica os avances...
O test é moi interesante. Da "medo" ao principio pero fai una avalición moi interesante.
Creo que se pasamos o test do algodón na biblioteca do meu cole, acadariamos un nivel bo, porque fanse moitas das cousas que aquí veñen, pero a pesar diso, aínda queda moito, moito, moito camiño por percorrer
A mín paréceme unha ferramenta interesante e necesaria, ainda que quizáis un pouquiño complexa, dependendo do punto de partida ou de estado de cada bibliotec, ainda así é unha ferramenta indispensable cara á mellora e descubremento das carenzas