"Tareas interdisciplinares e intergrupales. La biblioteca escolar está vinculada por igual a todo el centro, con todos los grupos, las asignaturas, los currículos; está por encima de paredes de clase, de las tradiciones de cada disciplina y de las particularidades de cada docente. Por ello es un lugar muy idóneo para plantear actividades ordinarias y extraordinarias que abarquen varios grupos, clases, asignaturas o equipos docentes. Desde la biblioteca escolar se pueden planificar clubes de lectura, concursos, visitas culturles, actividades complementarias"
Quédase curto??? Ou está esaxerando??? Que opinades en relación coa temática do curso??? Como o vedes???
Hai uns días recibimos na Asesoría a visita de dúas persoas do equipo de biblioteca dun centro que viña revisar a súa dinámica, coa afán de mellorar. Vimos que facían moitas cousas, que tiñan unha actividade alta especialmente no apartado do fomento da lectura e que tamén, algúns departamentos do centro, traballaban por proxectos... en xeral o centro tiña unha actividade alta... pero a biblioteca estaba un pouco á marxe... eu propúxenlles que había que enfocar a mellora como se se tratase de coser unha colcha de patchwork: tiñan unha chea de retales de cores fermosas, pero estaban dispersas; tratábase de facer un traballo de xuntalas cun fío, de enfiar todas as actividades nun proxecto común, no que a biblioteca tiña que funcionar como a agulla que cose, a agulla que enfía todos os pedazos de tela ata conseguir que se perciba como un traballo común, como un traballo conxunto. Ademais, era preciso que os rapaces e rapazas percibisen o papel da biblioteca no centro, e soubesen que outras posibilidades lles ofrecía, ademais de mesas para estudar para os exames ou ordenadores e préstamo de libros.
Creo que ese enfoque podería poñerse en práctica en moitos outros centros; vemos centros nos que a biblioteca estánfacendo algo así (sen chamarlle así, vaia!), e que conseguen moi bos resultados, e que posiblemente en pouco tempo (se segue a haber un equipo máis ou menos estable e unha certa continuidade no traballo), poidan obter resultados académicos significativos. Porque traballar por proxectos dunha forma colaborativa, a medio prazo modifica significativamente os resultados, basicamente porque se poñen en xogo moitos máis recursos e porque as metodoloxías activas, co alumnado que temos hoxe nos nosos centros, producen maior rendemento.
A cuestión é que hai que vencer resistencias e saber xestionar as inseguridades de traballar contidos sen libro de texto como única ferramenta; hai que modificar a nosa actuación (e a dos rapaces) e asumir todos novos roles dentro das aulas e dentro da biblioteca; hai que confiar en nós e nos rapaces... e hai que traballar en equipo.
Tamén me parece moi acertada a comparación que fai Cristina coa colcha de patchword. En todos os centros levamos a cabo un montón de dinámicas de xeito aillado (como diría Xares, seguimos, ás veces, a ser "un conxunto de unitarias"). E todos sabemos o que di o refrán: "a unión fai a forza".
Penso que a biblioteca debera ser o núcleo dinamizador da actividade anual do centro, de xeito que poidera ser o "pegamento" que "soldara" todas esas accións marabillosas que se veñen desenvolvendo. Nese sentido, elixir unha temática para traballar como proxecto anual é un unha grande ventaxa.
Tamén hai que dicir todo: este traballo non se acada de hoxe para mañán. É importante saber cal é a nosa meta, e non intentar queimar etapas; se sabemos o punto de chegada, podemos "retomar o camiño" cando vemos que nos estamos a desviar.
Por último: sempre atoparemos a resistencia dalgunhas individualidades; haberá algunhas delas que, ante as evidencias dos bos resultados, sumaranse á experiencia; a outras que son máis temerosas haberá que acompañalas; e as que son difíciles de convencer acabarán facéndoo, aínda que sexa para evitar "comparacións odiosas".
Quédome con esta cita. Un bo resumo do artigo:
"La biblioteca escolar puede ser un espacio flexible dentro del centro escolar, no sujeto a cánones literarios, catálogos de editorial o currículums escolares, centrado en atender las necesidades de formación e información de los chicos (y de los docentes), que enfatiza el aprender a aprender y que forma para aprender a lo largo de la vida, con todo tipo de instrumentos y soportes de información, tradicionales o sofisticados, de papel o de dígitos."
A biblioteca debería ser "o motor dinamizador do centro". Creo que a comparación que fai Cristina exemplifica por onde debe ir o xeito de traballar nos centros educativos. O enfoque interdisciplinar, a coordinación entre niveis e materias son importantes para mellorar o rendemento académico.
Ás últimas palabras de Mónica engado unha "CONTAXIAR". Sempre atopamos remisos ás novas propostas e aos cambios. A mellor maneira de convencelos e contaxialos co que estamos a facer.