1. Tipos de avaliación

1.6. Taller

O "Taller" permite ao profesor propor un traballo a realizar polos estudantes de forma individual coa característica de que o traballo dun estudante pode ser avaliado por outros estudantes (coevaluación).

A avaliación debe facerse mediante un conxunto de criterios e rúbricas.

No Taller o alumno recibe dúas cualificacións separadas:

  • Polo seu traballo, proveniente da media das avaliacións que reciba.
  • Polas súas avaliacións. As avaliacións que realiza o estudante son cualificadas de forma automática en función do resto de cualificacións.

O Taller desenvólvese en fases, cada unha cunhas tarefas determinadas para profesor e estudantes. Estas fases son:

  1. Configuración (profesorado)
  2. Envío dos traballos (alumnado)
  3. Avaliación inter pares e autoavaliación (alumnado)
  4. Revisión das cualificacións feitas polo alumnado (profesorado)
  5. Peche (profesorado). Nesta fase o alumnado verá as súas cualificacións.

O Taller é, sen dúbida, a actividade máis complexa de configurar polo que é necesario ter un nivel avanzado no manexo de Moodle.

A creación e configuración dun "taller" pasa por varias fases. A aula virtual encárgase de informarnos sobre os pasos dados e sobre os que faltan. Vexamos a secuencia mediante capturas de pantalla da creación e configuración do primeiro taller realizado en MetaSecuencias.

Formulario de configuración:

Unha vez gardado a aula virtual infórmanos da fase na que estamos, dos asuntos resoltos e dos aínda pendentes:

Premer no seguinte paso: "Edit assessment form" e...

Unha vez transcrita a rúbrica no seu formulario de configuración, prememos en "Gardar" e

Fase na que estamos:

Prepararemos agora o envío do exemplo que deberá avaliar o alumnado previamente ao envío e autoavaliación do seu traballo. Evidentemente este paso ten por finalidade obrigar ao alumnado a analizar un traballo modelo, similar ao que debe facer.

A aula virtual amósanos o resultado:

Cómpre facer a avaliación de referencia que se amosará ao alumnado despois de que faga a avaliación do exemplo.

O taller xa ten este aspecto, listo para usarse:

O taller xa está practicamente preparado, fáltannos as datas de cada fase, que sinalaremos no formulario de configuración, o primeiro que vimos.