0.- Tipos de avaliacións en Moodle
Explicación
1. Tipos de avaliación
1.5. Lección
A "Lección" permite ao profesor crear unha secuencia de páxinas con contido. 
Ao final de cada páxina pódese incluír unha pregunta, e en función da resposta do alumno, envialo a unha ou outra páxina.
Desta forma pódese crear un itinerario condicional con varias ramas.
A "Lección" pode ser utilizada como unha Actividade ou como un Recurso de estudo. Se se reduce o texto de cada páxina a tan só a pregunta, e ao asociar as respostas a saltos ao azar a outras páxinas (preguntas), o que se obtén é unha serie de preguntas enlazadas: un banco de preguntas. Cada vez que o alumno percorra a "Lección" presentaráselle unha serie de preguntas ao azar e obterá unha cualificación, como nun exame. Moodle denomina a este modo de emprego dunha Lección como modo de cartóns (Flash card). Este uso da "Lección" aproxímao a unha "Proba" (Cuestionario). Crear unha "Lección" como un recurso de estudo autoguiado require organizar e planificar previamente o seu contido.
Exemplos de uso:
- Contido de aprendizaxe guiada.
- Exercicio de repaso.
- Xogo de preguntas aleatorias, etc.
Creación e configuración dunha Lección:

A creación das páxinas desta actividade é latosa e esixe deseñar coidadosamente os saltos dunhas páxinas a outras. Pero o esforzo compénsase cos resultados obtidos: guiar o estudo de acordo coas respostas ou coñecementos que teña o alumno. Neste curso xa experimentaches unha lección.
Vexamos como se crea unha lección básica:
- Crear e configurar a lección no formulario.
- Premer na súa ligazón no CV e abrirase esta xanela:

3. Premer en "Engadir unha páxina de preguntas"

4. Configurar unha pregunta Verdadeiro / Falso. No "Contido da páxina" pódense engadir todo tipo de contidos:

5. Engadir novas preguntas... e rematar a lección:

6. A Vista previa da configuración anterior debería ser:

Na lección pódense configurar diferentes fluxos ou percorridos segundo os saltos que se coloquen nas respostas de cada páxina.
