0.- Tipos de avaliacións en Moodle
Requisitos do completado
Explicación
1. Tipos de avaliación
1.4. Paquete SCORM
Un paquete SCORM (Sharable Content Object Reference Model) é un bloque de material web empaquetado de maneira que segue o estándar SCORM de obxectos de aprendizaxe. ![]()
Estes paquetes poden incluír páxinas web, gráficos, programas Javascript, presentacións Flash e calquera outro elemento que funcione nun navegador web. O módulo SCORM permite cargar facilmente calquera paquete SCORM estándar e convertelo en parte dun curso.
Moodle non xera contido SCORM, tan só o reproduce e garda os datos xerados pola interacción dos estudantes con el.
Formulario de configuración:
