0.- Tipos de avaliacións en Moodle
Explicación
1. Tipos de avaliación
1.3. Proba
A "Proba" (cuestionario) é unha actividade autoavaliable, serve ao alumno como autoavaliación e o profesor pode usalo para realizar un exame.
Poden crearse con diferentes tipos de preguntas, xerar probas aleatorias a partir de baterías de preguntas, permitir aos usuarios ter múltiples intentos e consultar todos estes resultados almacenados.
O "Banco de preguntas" utilízase para crear ou editar preguntas que se organizan en categorías para facilitar a súa utilización na materia. Estas preguntas poderanse incluír en calquera "Proba" (cuestionario) do curso. O profesor accede ao banco de preguntas ao crear ou editar unha "Proba" (cuestionario) ou mediante o bloque Administración > Administración do curso > Banco da pregunta. Desde esta ligazón pódese editar preguntas, organizalas en categorías, importalas e exportalas.
A creación dunha "Proba" esixe varias operacións:
- Crear a actividade "Proba" configurándoa no seu formulario.
- Entrar na "Proba" e
- Crear preguntas novas.
- Tomar preguntas do "Banco de preguntas"
Formulario de configuración da "Proba":

