1. Tipos de avaliación

1.2. Comentarios

"Comentarios" (enquisa) permite ao profesorado realizar unha sondaxe de opinión aos alumnos, e analizar as respostas.

Pódese configurar para que as respostas sexan anónimas.

Unha vantaxe desta actividade é que se poden analizar as respostas e comentarios inmediatamente, pois as porcentaxes, gráficas... xéranse automáticamente deste xeito:

Representación gráfica dos resultados dunha actividade "Comentarios"
Representación gráfica dos resultados dunha actividade "Comentarios". Dominio público

"Comentarios" non é un instrumento de avaliación de competencias, contidos... pero si é válido para algúns tipos de avaliación. Por exemplo, a avaliación deste curso polos participantes farase ao rematar con este instrumento para recoller opinións, comentarios, suxerencias...

Configuración da enquisa: