1. Tipos de avaliación

1.1. Escolla

A "Escolla" (consulta) permite ao profesor realizar unha pregunta aos alumnos, xunto cunha lista de opcións ou respostas, das cales só poden escoller unha.

Formulario de configuración da "Escolla":

A "Escolla" non ten moita utilidade como instrumento para a avaliación, pero ás veces é de moita utilidade para resolver pequenos asuntos como:

  • Responder unha opción ou resposta entre varias.
  • Escollar unha data.
  • Crear grupos.
  • ...